viernes, septiembre 22, 2023
  • Sobre Nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico A Laracha

Festas da Laracha do 14 ao 17 de agosto

diariodelaracha ≫ diariodelaracha
julio 26, 2022
in A Laracha, En Portada
0
Festas Laracha 2022

Momento da presentación das actividades das Festas Patronais da Laracha

0
COMPARTIDA
208
VISTA
Share on FacebookShare on Twitter

O programa, que inclúe orquestras de referencia, día do neno e outras propostas culturais e deportivas, foi presentado polo alcalde e o presidente da Comisión de Festas

José Manuel López Varela, alcalda do concello, a concelleira delegada da área de Festas, Patricia Bello, e o presidente da Comisión de Festas da Laracha presentaron a programación que se desenvolverá do 14 ao 17 de agosto con motivo da celebración das Festas Patronais da capital municipal.

A celebración conta con orquestras de primeiro nivel e tamén con propostas culturais, deportivas, lúdicas e recreativas para o desfrute de todos os públicos. Ademáis, haberá dous escenarios principais nos que se desenvolverán os eventos:

  • Praza do Concello para as sesións vermú
  • Praza Olonne sur Mer, para a maior parte das actividades das tardes e tamén as verbenas nocturnas

Calendario e actividades

 As festas comezarán o domingo 14 pola tarde co concerto infantil Uxía Lambona e a Banda Molona a cargo de Astronauta Sideral, ás 19:00 horas na Praza do Concello. Pola noite a verbena será amenizada pola orquestra Finisterre. Pode verse o cartel completo na imaxe de abaixo

Luns 15, o día grande das Festas, o pasacalles será a cargo da banda de gaitas Os Viqueiras de Ordes. Pola tarde, desde as 18:00 horas, celebrarase unha nova edición do trofeo de fútbol “Concello da Laracha” no campo Municipal. Como é tradicional, será en formato triangular e participarán o Laracha CF, a UD Paiosaco e o Club do Mar de Caión, servindo tamén o torneo como preparación na pretemporada dos tres conxuntos. Ás 20:00 horas a Asociación Cultural Santa María de Torás ofrecerá unha actuación no Praza Olonne sur Mer. Pecharase a xornada coa verbena a cargo da orquestra Compostela.

Martes 16 o pasacalles do mediodía será coa Agrupación Musical Nuestra Señora del Nordés. Ás 13:00 horas sairá a procesión desde a igrexa parroquial ata a capela de San Roque e San Antonio, onde se oficiará unha misa solemne. Pola tarde, ás 19:00 horas Somos Circo realizará o seu espectáculo de acrobacia aérea Desastronauts. E a xornada rematará co prato forte do cartel, a verbena coa orquestra Panorama.

Mércores 17 a Asociación Cultural Queiroga de Paiosaco encargarase do pasacalles. Pola tarde, desde as 17:00 horas, a Praza Olonne sur Mer acollerá o Día do Neno con diversidade de xogos para os máis pequenos. E á noite porase o punto e final ás festas cunha verbena a cargo da orquestra Fania Blanco Show. No descanso haberá un espectáculo de fogos artificiais.

«Programación de alto nivel»

O alcalde aproveitou a ocasión para agradecer o traballo da Comisión de Festas que, coa colaboración do Concello, fai posible “contar cunha programación de alto nivel e moi variada para que todos poidamos celebrar os días grandes da capital municipal”.

Tamén o presidente da Comisión de Festas agradeceu o apoio que están a recibir tanto polo Concello como polos veciños da parroquia de Torás, locais de hostalería, establecementos comerciais e empresas colaboradoras. Ambos concluíron animando á cidadanía a acudir e desfrutar dos eventos durante esas catro xornadas de festa.

Tags: deportesNoticias de Larachasociedad
⬅ Noticia Anterior

Alumnos do obradoiro de emprego renovan o exterior do antigo matadoiro municipal

Siguiente Noticia ➡️

Desde hoxe a unidade de ADOS estará en Laracha, Paiosaco e Caión

Siguiente Noticia ➡️
ADOS donar es vida

Desde hoxe a unidade de ADOS estará en Laracha, Paiosaco e Caión

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

  • empleo y formación con Insertia.net
    Logotipo del portal de empleo y formación

El Diario de A Laracha

  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Redes y Canales

  • El Portal de la Infancia
  • Salud y Medicina Hoy
  • Videos de A Laracha en Youtube
  • El Diario de Arteixo
  • Videos de Arteixo en Youtube

Contacto

  • Contactar con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies. Si continúa navegando, está aceptándola.