viernes, septiembre 22, 2023
  • Sobre Nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico En Portada

Programa da Festa das Cereixas

diariodelaracha ≫ diariodelaracha
junio 26, 2023
in En Portada, Parroquias
0
Programa Festa das Cereixas.

Presentación do programa da Festa das Cereixas.

0
COMPARTIDA
98
VISTA
Share on FacebookShare on Twitter

A celebración gastronómica de maior relevancia e tradición do municipio, a Festa das Cereixas de Paiosaco, celebrarase na fin de semana do 1 e 2 de xullo.

A celebración gastronómica de maior relevancia e tradición do municipio, a Festa das Cereixas de Paiosaco, celebrarase na fin de semana do 1 e 2 de xullo. O alcalde, José Manuel López Varela e a edil Patricia Bello en representación do Concello, e parte das integrantes da Comisión de Festas de Paiosaco, presentaron o programa desta festa declarada de Interese Turístico de Galicia nun acto celebrado no campo da feira da localidade. 

O sábado 1 de xullo a festa comezará coa sesión vermú a cargo do grupo Puzzle, que tamén actuará na verbena nocturna que rematará coa Disco Móbil Impacto e o DJ Roquiño. Á tarde, oitava edición do Aberto das Cereixas de billarda a cargo do Club Billarda Campo da Feira.

Xa o domingo, no propio día da Feira das Cereixas, a charanga dos Kilombertos de Monte Alto amenizará a xornada de feira. Na sesión vermú actuará o Dúo Charada.

A partir das 18:00 horas a Asociación Cultural Queiroga de Paiosaco ofrecerá un espectáculo de música e baile tradicionais galegos.

Pola noite, a partir das 21:30 horas, porase o broche de ouro á Feira das Cereixas co concerto de Sés. A cantautora coruñesa, moi vinculada á comarca de Bergantiños, actuará por primeira vez no municipio por iniciativa do Concello, e será cos temas do seu último disco Diante un eco.

Ao remate do concerto haberá fogos artificiais. Ademais, a Comisión de Festas de Paiosaco está a ultimar unha derradeira actuación para a noite do domingo coa que se pechará o programa e que se anunciará en breve nas súas redes sociais.

Na organización da Feira das Cereixas de Paiosaco, Festa de Interese Turístico de Galicia, o Concello da Laracha e a Comisión de Festas de Paiosaco contan coa colaboración da Deputación da Coruña, a Xunta de Galicia e Abanca.

Tags: Noticias de Laracha
⬅ Noticia Anterior

Xabier Maceiras presentou o seu último libro

Siguiente Noticia ➡️

Vertido de lixo detectado no Castro de Montes Claros

Siguiente Noticia ➡️
vertido de lixo detectado no Castro de Montes Claros.

Vertido de lixo detectado no Castro de Montes Claros

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

  • empleo y formación con Insertia.net
    Logotipo del portal de empleo y formación

El Diario de A Laracha

  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Redes y Canales

  • El Portal de la Infancia
  • Salud y Medicina Hoy
  • Videos de A Laracha en Youtube
  • El Diario de Arteixo
  • Videos de Arteixo en Youtube

Contacto

  • Contactar con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies. Si continúa navegando, está aceptándola.