jueves, mayo 22, 2025
  • Sobre Nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico A Laracha

Execución do proxecto de ampliación do punto limpo

diariodelaracha ≫ diariodelaracha
agosto 20, 2024
in A Laracha, En Portada
0
Execución do proxecto de ampliación do punto limpo.

Obras de ampliación do punto limpo.

0
COMPARTIDA
6
VISTA
Share on FacebookShare on Twitter

Bo ritmo de actuación na execución do proxecto de ampliación do punto limpo.

O alcalde, José Manuel López Varela, o tenente alcalde, José Ramón Martínez Barbeito, e o concelleiro responsable da área de Obras Públicas, Pablo Cambón, supervisaron as obras de ampliación das instalacións do punto limpo acompañados polo responsable da empresa encargada da execución do proxecto. 

A intervención que se está levando a cabo permitirá incrementar os espazos e reforzar os servizos que o punto limpo ofrece á cidadanía, optimizando así o procedemento de xestión do material de reciclaxe e daquel que polas súas características require dun tratamento específico e non debe depositarse nos contedores de residuos sólidos urbanos.

O proxecto contempla a urbanización dun sector da parcela contigua ao punto limpo -fase na que se centran os traballos no momento actual- para a creación dun novo espazo con acceso pola entrada principal que complemente ao xa dispoñible no momento actual. Así, facilitarase ao persoal o desenvolvemento das tarefas de recepción, separación, clasificación, almacenamento e control dos residuos para a súa posterior derivación ao xestor correspondente.

Posteriormente construiranse dúas marquesiñas cubertas (unha para o depósito de contedores e realización de labores de mantemento por parte do persoal das instalacións e, a outra, para contedores especiais) e serán habilitadas máis plataformas para incrementar a cantidade de contedores dos diferentes tipos de residuos. Ademais crearanse unha zona de aparcamento de vehículos e áreas axardinadas. O novo ámbito contará con sinalización vertical e horizontal dos diferentes espazos interiores (manobra, aparcamento, almacenamento de residuos, etc.), así como con rede de recollida de augas pluviais.

Investimento

Neste proxecto o Concello e a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, invisten 250.000 euros co obxectivo de mellorar as instalacións e optimizar o servizo que se presta para beneficio xeral da cidadanía larachesa.

O punto limpo da Laracha, situado xunto á ponte do Formigueiro e moi próximo á capital municipal, e un equipamento municipal chave para a conservación do entorno e o respecto do medio ambiente, xa que ofrece á cidadanía a posibilidade de desbotar aqueles residuos domésticos que polas súas características non poden depositarse nos colectores de lixo con garantía de que recibirán o tratamento axeitado, mesmo recuperando os máximos compoñentes posibles para a súa reciclaxe.

A ampliación do punto limpo enmárcase nas actuacións promovidas polo Concello para facer da Laracha un municipio máis sostible de acordo aos compromisos adquiridos ao confirmar a adhesión ao Pacto das Alcaldías e tamén ás directrices establecidas na Axenda 2030.

Tags: Noticias de Laracha
⬅ Noticia Anterior

Presentación da obra "Moito que contar", de Moncho Viña

Siguiente Noticia ➡️

Montemaior acolle un almorzo informativo do proxecto Aloumiños

Siguiente Noticia ➡️
Montemaior acolle un almorzo informativo do proxecto Aloumiños.

Montemaior acolle un almorzo informativo do proxecto Aloumiños

El Diario de A Laracha

  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Redes y Canales

  • El Portal de la Infancia
  • Salud y Medicina Hoy
  • Videos de A Laracha en Youtube
  • El Diario de Arteixo
  • Videos de Arteixo en Youtube

Contacto

  • Contactar con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies. Si continúa navegando, está aceptándola.
Ir a la versión móvil