Cinco deportistas da Laracha participaron no IV Campionato de España Infantil e Cadete
Os deportistas do Club Acuático Laracha remataron a súa participación no IV Campionato de España Infantil e Cadete onde conseguiron tres récords galegos:
- 2 individuais de Pedro Caamaño no 50 m. remolque de manequín e no 100 m. remolque de manequín con aletas
- 1 terceiro récord no 4×50 relevo mixto logrado polo equipo Cadete (J. Martín, Iria, Pedro e Shaila) o que lles permitiu clasificarse entre os dez mellores de España
A nivel individual debemos destacar os deportistas Juan Martín Rodríguez e Pedro Caamaño que conseguiron colocarse no Top Ten do salvamento español en todas as probas nas que participaron.
Pedro Caamaño acadou o 5º posto no 100 m remolque manequín con aletas e o 6º posto no 50 m remolque de manequín. J. Martín Rodríguez clasificouse no 4º posto na proba 100 m remolque manequín con aletas, 6º posto no 200m supersocorrista e 10º posto no 50 m remolque de manequín.
Todos volven con moi boas sensacións da experiencia vivida este sábado e domingo na Piscina Municipal de Bétera. Pensar agora en preparar a primeira Xornada de Praia que terá lugar a próxima fin de semana, 29 e 30 de abril, na Praia de Balarés. Tamén, no Open Internacional e Campionato de España Xuvenil, Junior e Absoluto dos días 5 ao 7 de maio en Castellón.
