sábado, septiembre 23, 2023
  • Sobre Nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico A Laracha

Cursos gratuitos de Competencias Dixitais para mulleres desempregadas

diariodelaracha ≫ diariodelaracha
marzo 27, 2023
in A Laracha, En Portada
0
cursos gratuitos competencias dixitais mulleres desempregadas

Cartel dos cursos de competencias dixitais para mulleres desempregadas.

0
COMPARTIDA
35
VISTA
Share on FacebookShare on Twitter

A Casa da Cultura da Laracha acollerá o próximo día 30 de marzo a partir das 11:00 horas a xornada de presentación dos cursos gratuítos en competencias dixitais para mulleres en situación de desemprego.

A sesión servirá para explicar en que consiste o programa e coñecer o nivel das participantes para determinar que tipo de cursos formativos se van realizar na Laracha entre as tres opcións existentes:

1. Curso de competencias dixitais básicas, que sirva para aproveitar as posibilidades que ten o acceso á información, a creación de contidos, o uso das tecnoloxías para a comunicación e a resolución de problemas básicos.

2. Curso de competencias dixitais básicas para o emprendemento,  enfocado ao e-commerce e redes sociais para facer compras e búsquedas con seguridade e crear o propio perfil dixital profesional.

3. Curso de competencias dixitais avanzadas, unha formación destinada a entender a complexidade das tecnoloxías dixitais e aproveitar a súa riqueza no día a día.

Todos os cursos teñen unha duración de 45 horas, impartiranse entre os meses de abril e maio e están homologados a través dos certificados emitidos pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.

Método de inscrición

Aquelas mulleres de idades comprendidas entre os 18 e os 65 anos, inscritas como demandantes de emprego na súa oficina de emprego de referencia e que desexen participar neste programa formativo deben formalizar a inscrición dirixíndose ao Centro de Información ás Mulleres (CIM), situado no edificio administrativo da Laracha, ou chamando ao 981605001. A documentación requirida é unha foto do DNI ou NIE polas dúas caras, unha foto da demanda de emprego e a realización do test para saber os seus coñecementos no mundo dixital.

Tamén as mulleres que se sumen á iniciativa, e tendo en conta as posibles dificultades de acceso a equipos tecnolóxicos, recibirán unha tablet para emprego persoal coa que poderán quedar ao rematar o acción formativa. 

O Concello da Laracha leva a cabo esta proposta coa fin de reducir a brecha dixital e mellorar as capacidades das mulleres en situación de desemprego.

Ademais, farase en colaboración coa Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia e do Ministerio de Trabajo y Economía Social, co financiamento da Unión Europea a través dos fondos Next Generation no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

⬅ Noticia Anterior

O Psoe Laracha aborda mellorar a zona rural do concello

Siguiente Noticia ➡️

Apertura ao público do Skatepark de A laracha

Siguiente Noticia ➡️
Apertura ao público skatepark

Apertura ao público do Skatepark de A laracha

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

  • empleo y formación con Insertia.net
    Logotipo del portal de empleo y formación

El Diario de A Laracha

  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Redes y Canales

  • El Portal de la Infancia
  • Salud y Medicina Hoy
  • Videos de A Laracha en Youtube
  • El Diario de Arteixo
  • Videos de Arteixo en Youtube

Contacto

  • Contactar con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies. Si continúa navegando, está aceptándola.