sábado, julio 12, 2025
  • Sobre Nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico A Laracha

Vilaño e Caión acollen dúas probas da Copa de Ciclismo Paralímpico

diariodelaracha ≫ diariodelaracha
mayo 30, 2024
in A Laracha, En Portada, Parroquias
0
Copa de España de ciclismo paralímpico.

Presentación das probas da Copa de España de ciclismo paralímpico.

0
COMPARTIDA
25
VISTA
Share on FacebookShare on Twitter

No concello da Laracha decidiranse os campións absolutos, individuais e por equipos, da Copa de España de ciclismo paralímpico.

No concello da Laracha decidiranse os campións absolutos, individuais e por equipos, da Copa de España de ciclismo paralímpico. Será na fin de semana do 8 e 9 de xuño, primeiro co Gran Premio de Vilaño do sábado e a continuación, co Gran Premio de Caión do domingo, cos que finaliza o circuíto nacional deste ano nas categorías handbike, triciclo, tándem e bicicletas adaptadas.

Ambos eventos foron presentados no Centro Sociocomunitario de Caión polo alcalde, José Manuel López Varela, a concelleira de Deportes, Patricia Bello, o presidente da entidade organizadora -en colaboración co Concello e a Federación Galega de Ciclismo- Club Ciclista Riazor, Iván Manoel Montero, e a organizadora executiva, Lucía Pérez.

Gran Premio de Vilaño

O Gran Premio de Vilaño do sábado 8 de xuño consistirá nunha proba en ruta cun percorrido de 5 quilómetros de distancia, sendo a saída e a meta na Praza da Areosa. A competición principiará ás 10:00 h e a previsión é finalizar en torno ás 13:00 h.

Gran Premio de Caión

O Gran Premio de Caión do domingo día 9 será unha contra reloxo individual, tamén de 5 quilómetros, e neste caso con saída e meta no miradoiro xunto á estrada DP-1909. Prevese comezar ás 10:00 h e rematar ás 12:00 h.

Esta será a segunda experiencia do Club Ciclista Riazor como organizador dun evento destas características no concello da Laracha trala proba celebrada o pasado verán en Vilaño. Iván Manoel Montero apuntou que “este ano contaremos co dobre de participación que no anterior”, estimando que a cifra de competidores sexa próxima aos 70 en cada un dos Grandes Premios con paraciclistas procedentes de toda España -con especial presenza de Canarias, Valencia, País Vasco e Madrid- e tamén de Portugal. Considera que “é un reto para nós, pero tamén un avance, e queremos repetir en próximas temporadas intentando pechar a Copa de España para atraer máis xente”.

Precisamente Iván Manoel Montero, veciño da Laracha e que compite nas filas de NeuroImpulse-Galicia, é actual líder en categoría handbike MH5 e o claro favorito para proclamarse campión da Copa de España a título individual e tamén con opcións de facer o propio por equipos.

O alcalde expresou o seu agradecemento “con letras maiúsculas” aos organizadores “por pensar en traer aquí estes eventos tan importantes a nivel nacional”, expresándolles a “máxima colaboración por parte do Concello”. Concluíu  felicitando ao propio Iván Manoel Montero “polos seus últimos resultados”, desexándolle que “continúe alcanzando as cotas máis altas de éxitos”.

Tags: Noticias de Laracha
⬅ Noticia Anterior

Arqueólogos do CSIC realizan unha prospección xeofísica no Castro de Montes Claros

Siguiente Noticia ➡️

O Concello acolle unha nova reunión da mesa educativa e sanitaria contra a violencia de xénero

Siguiente Noticia ➡️
Mesa educativa e sanitaria contra a violencia de xénero.

O Concello acolle unha nova reunión da mesa educativa e sanitaria contra a violencia de xénero

El Diario de A Laracha

  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Redes y Canales

  • El Portal de la Infancia
  • Salud y Medicina Hoy
  • Videos de A Laracha en Youtube
  • El Diario de Arteixo
  • Videos de Arteixo en Youtube

Contacto

  • Contactar con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies. Si continúa navegando, está aceptándola.
Ir a la versión móvil