O Club Salvamento Acuático Laracha brilla no Open Galego de Salvamento e Socorrismo celebrado en Ourense.
O Club Salvamento Acuático Laracha brillou con luz propia no recente Open Galego de Salvamento e Socorrismo celebrado en Ourense esta fin de semana do 29 e 30 de marzo de 2025.
Os deportistas do SAL demostraron un alto nivel competitivo, colleitando medallas tanto en probas individuais como por equipos. Esta actuación reflicte o compromiso do club coa súa misión promover a formación nun deporte que salva vidas e é unha profesión con futuro en salvamento e socorrismo. Ademais, o club esforzase por asegurar que as súas actividades sexan inclusivas e accesibles para todos, fomentando a igualdade real e o empoderamento das mulleres e nenas.
A continuación, detállanse os resultados máis destacados do club, un paso máis cara á visión do SAL ser recoñecidos como un club de vangarda que promove a seguridade e o benestar na auga da comunidade mediante a formación e a práctica deportiva.
Resultados Individuais
Lucía Añón Sánchez
- 100m Socorrista Feminina 3ª posición 01.08.30
- 100m Remolque de Maniquí con Aletas Feminina 2ª posición 00.58.02
David Fraga Rodríguez
- 100m Socorrista Masculina 2ª posición 00.55.99
- 200m Supersocorrista Masculina 1ª posición 02.18.27
Sergio Campos Varela
- 50m Remolque de Maniquí Masculina 3ª posición 00.32.62
Resultados Por Equipos
Lanzamento de Corda Masculina
- 1ª posición Luis Negreira Mariño e Sergio Campos Varela 00.13.25
4x50m Relevo Natación con Obstáculos Feminina
- 3ª posición Lucía Añón Sánchez, Iria Barreiro Matos, Sofía Mata López e Gabriela Paulos García 02.12.28
4x50m Relevo Natación con Obstáculos Masculina
- 2ª posición Pablo Amado Villar, Sergio Campos Varela, Luis Negreira Mariño e David Fraga Rodríguez 01.49.19
4x25m Relevo Remolque de Maniquí Masculina
- 2ª posición Pablo Amado Villar, Sergio Campos Varela, Juan Martín Rodríguez Lafuente e David Fraga Rodríguez 01.16.05
