jueves, mayo 22, 2025
  • Sobre Nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico A Laracha

Clausura do obradoiro de emprego «A Laracha VIII»

diariodelaracha ≫ diariodelaracha
noviembre 29, 2024
in A Laracha, En Portada
0
Clausura do obradoiro de emprego "A Laracha VIII".

Clausura do obradoiro de emprego "A Laracha VIII".

0
COMPARTIDA
10
VISTA
Share on FacebookShare on Twitter

Vanse iniciar en próximas datas outro obradoiro de emprego, un novo programa integrado de emprego e unha acción formativa para desempregados.

Concluíu o obradoiro de emprego A Laracha VIII, unha iniciativa do Concello e a Xunta de Galicia grazas á que vinte persoas foron formadas nas especialidades de operacións básicas de revestimentos lixeiros e técnicos en construción e na de traballos de carpintería e moble. Durante o período de doce meses de duración do programa estiveron vinculadas ao Concello cun contrato de formación. A súa aprendizaxe completouse coa execución de obras e traballo de interese xeral relacionados coa mellora de infraestruturas, instalacións e equipamentos municipais. 

O acto de clausura, celebrado hoxe nunha das aulas do Edificio Administrativo da Laracha na que se levou a cabo a formación práctica, estivo copresidido polo alcalde, José Manuel López Varela, e a delegada da Xunta, Belén do Campo.

O rexedor dirixiuse ao alumnado agardando que “nestes meses estiverades cómodos e aprenderades un oficio que facilite a inserción no mercado laboral”. Tamén os felicitou porque “cando pasedes polo Castro de Montes Claros, os centros socioculturais de Erboedo e de Cumiáns, os campos de fútbol A Porta Santa de Paiosaco e o de Vista Alegre, e polo paseo fluvial do Anllóns, poderedes dicir que vós participastes na mellora deses lugares”. López Varela concluíu subliñando que “desde o Concello estamos poñendo a disposición da veciñanza todas as ferramentas para lograr a inserción laboral”, apuntando nese sentido que en breve comezarán outro obradoiro de emprego, un novo programa integrado de emprego e unha acción formativa para desempregados co apoio da Xunta de Galicia.

Despois da proxección dunha presentación con imaxes do proceso de execución dos obras e traballos realizados polo obradoiro de emprego, tomou a palabra Belén do Campo, que tamén fixo referencia ao “compromiso da Xunta co emprego” cun investimento de 750.000 euros neste programa que posibilita aos desempregados “ter mellor formación grazas para facilitar a inserción no mercado laboral cun emprego de calidade”. A delegada da Xunta considera que a acreditación da formación na especialidade mediante o certificado de cualificación profesional de ámbito estatal “abre moitas portas tanto no sector privado como no público e tamén no autoemprego”. Por último, referiuse á presenza de maior número de alumnas que de alumnos en sectores nos que “as mulleres están subrepresentadas”.

Ademais dos 20 alumnos, ao cargo do programa estivo o equipo directivo, formativo e administrativo composto por cinco persoas: directora, mestre de ensino básico, auxiliar administrativo e mestre de cada unha das dúas especialidades.

Tags: Noticias de Laracha
⬅ Noticia Anterior

Alimentos e produtos de hixiene doados a Valencia pola veciñanza larachesa

Siguiente Noticia ➡️

Mellora da rede viaria entre A Riba e Ferraría, na parroquia de Coiro

Siguiente Noticia ➡️
Obras de mellora da estrada A Riba-A Ferraría en Coiro.

Mellora da rede viaria entre A Riba e Ferraría, na parroquia de Coiro

El Diario de A Laracha

  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Redes y Canales

  • El Portal de la Infancia
  • Salud y Medicina Hoy
  • Videos de A Laracha en Youtube
  • El Diario de Arteixo
  • Videos de Arteixo en Youtube

Contacto

  • Contactar con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies. Si continúa navegando, está aceptándola.
Ir a la versión móvil