Entrega da Bandeira Azul que ondará na praia de Caión no verán.
O alcalde, José Manuel López Varela, e os concelleiros José Ramón Martínez Barbeito e Patricia Bello, recibiron de mans do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, a Bandeira Azul que onderá na praia de Caión no verán e tamén o recoñecemento como Centro Azul de educación ambiental ao Centro de Interpretación dos Muíños de Auga da Costa da Morte de Golmar.