Icono del sitio El Diario de A Laracha

Asunción Varela Ramilo celebra o seu 101 aniversario

asunción varela ramilo celebra 101 aniversario

O alcalde, José Manuel López Varela, xunto a Asunción Varela, a súa filla Pura Verdía e Carmen, unha das súas sobriñas.

A larachesa Asunción Varela Ramilo cumpriu o día 20 de maio os 101 anos de idade.

A larachesa Asunción Varela Ramilo cumpriu o día 20 de maio os 101 anos de idade. O alcalde, José Manuel López Varela, felicitouna persoalmente e agasallouna cunha placa conmemorativa e un ramo de flores en nome do Concello.

Asunción Varela é natural da Fraga (parroquia de Coiro), pero reside desde hai máis de medio século no núcleo de As Torres de Cillobre, moi preto da capital municipal, actualmente xunto á súa filla Pura. Ten cinco fillos, sete netos e nove bisnetos, ademais de sobriños e tamén un irmán, Francisco, de 97 anos de idade e residente na Coruña. Con todos eles celebrou a festa de aniversario o sábado nun restaurante do termo municipal da Laracha.

Salir de la versión móvil