Icono del sitio El Diario de A Laracha

Apertura ao público do Skatepark de A laracha

Apertura ao público skatepark

Apertura do skatepark en A Laracha.

O parque de patinaxe Skatepark da parte traseira do IES Agra de Leborís xa está dispoñible para o uso e desfrute da cidadanía.

Unha vez finalizada a execución do proxecto do Skatepark, procedeuse á recepción das obras desta nova infraestrutura deportiva municipal. E á posterior apertura ao público a cargo do alcalde, José Manuel López Varela, que estivo acompañado polo concelleiro de Urbanismo e Obras Públicas, Jesús Souto, a edil de Deportes, Patricia Bello, e o director da obra.

Ademais, o Skatepark da Laracha dispón de diferentes tipos de planos inclinados. E costas para ofrecer aos usuarios un amplo abano de posibilidades de movementos, piruetas e acrobacias para as diversas disciplinas. Tamén conta cunha fonte de auga potable, iluminación en báculos e proxectores simétricos LED.

O investimento para a execución deste proxecto alcanzou os 155.000 euros financiados integramente con fondos propios municipais. Coa fin de aumentar os equipamentos deportivos e ofrecer unha nova opción para potenciar os estilos de vida saudables especialmente entre o público adolescente e xuvenil.

Así, o Concello, está a converter este espazo na parte traseira do IES Agra de Leborís nunha zona deportiva de referencia na capital municipal. Especialmente para a práctica libre de diversidade de disciplinas. Ademais do parque de patinaxe, tamén hai dispoñibles dúas pistas polideportivas.

Nestes momentos está en execución outro proxecto valorado en 177.000 euros que contempla a creación dun circuíto de calistenia e dunha ampla zona axardinada, ademais da ampliación da beirarrúa.

Salir de la versión móvil