O alcalde, José Manuel López Varela, visitou a Pedra de Coiro para supervisar a execución das obras.
O núcleo da Pedra de Coiro contará cunha estrada máis ampla e cunha superficie de rodadura renovada tralas actuacións promovidas polo Concello.
A intervención consiste no ancheamento da calzada pola marxe esquerda mediante o acondicionamento dos sobreanchos resultantes das cesións dos propietarios pola realización dos peches das vivendas, ademais de dotar á plataforma cun novo pavimento para facilitar o tránsito de vehículos e usuarios da vía. Previamente realizárase a limpeza das cunetas, tubaxes e desaugadoiros. Os traballos concluirán coa sinalización horizontal para o reforzamento da seguridade co pintado das marcas viarias e dos símbolos correspondentes.
O alcalde, José Manuel López Varela, supervisou a execución das obras, que supoñen un investimento aproximado de 25.000 euros.