Os cursos de alfabetización e memoria remataron cunha excursión organizada polo concello.
Os cursos de alfabetización e memoria, organizados polo Concello no marco do programa de actividades 2022-2023 e especialmente dirixidos ao colectivo das persoas maiores, remataron despois de sete meses desde o inicio a finais do pasado mes de outubro.
Como actividade de clausura dos cursos, o Concello convidou a todos os alumnos das quendas levadas a cabo na Laracha, Paiosaco, Caión e Montemaior a participar nunha excursión na que visitaron Os Batáns de Mosquetín (Concello de Vimianzo), o Castro de Borneiro (Cabana de Bergantiños) e a localidade de Laxe.
Estiveron acompañados pola concelleira de Servizos Sociais, Rocío López, e a monitora do curso, Mari Carmen Serrano.