jueves, mayo 15, 2025
  • Sobre Nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico A Laracha

A Laracha dá a benvida ao Nadal co acendido da iluminación na Praza do Concello

diariodelaracha ≫ diariodelaracha
diciembre 5, 2024
in A Laracha, En Portada
0
Acendido das luces do Nadal na Laracha.

Acendido das luces do Nadal na Laracha.

0
COMPARTIDA
7
VISTA
Share on FacebookShare on Twitter

O Nadal chegará este xoves á Laracha co acendido da iluminación que se realizará na Praza do Concello.

O Nadal chegará este xoves, 5 de decembro, á Laracha co acendido da iluminación que se realizará na Praza do Concello ás 18:30 horas e a inauguración do poboado que decorará o entorno da Casa Consistorial durante as próximas semanas. Así, o acto vai dirixido a todos os públicos e os asistentes tamén poderán desfrutar dunha chocolatada, crepes, castañas e outras sorpresas.

Nas festas o Concello volverá organizar unha ampla programación cultural coa que fomentar o espírito do Nadal entre a veciñanza e ofrecer propostas de ocio, especialmente dirixidas ao público infantil, xuvenil e familiar para facilitar o aproveitamento do tempo de lecer durante as vacacións nos centros escolares.

Como é tradicional na Laracha, a primeira actividade irá dirixida aos colexios. Os días 16, 17 e 18 de decembro realizarase na Casa da Cultura o festival de teatro infantil en horario lectivo. Teatro Ghazafelhos porá en escena a comedia Ándele, Bon appetit!. Nesas tres xornadas realizaranse un total de cinco pases para posibilitar a asistencia de todo o alumnado, preto de 800 nenos, dos CEIPs Otero Pedrayo, Alfredo Brañas e Caión.

Papá Noel estará na Laracha

O luns 23 de decembro Papá Noel estará no poboado da Praza do Concello de 11:30 a 13:30 h pola mañá e de 17:00 a 20:00 h pola tarde para saudar a todos os nenos que se acheguen ata aló.

Ese mesmo día tamén haberá un espectáculo teatral para o público infantil. A Casa da Cultura acollerá desde as 17:30 horas a obra Hugo, de Os Náufragos Teatro, unha peza que aborda, coa máxima sensibilidade, as micro discriminacións diarias experimentadas polas persoas con trastornos do espectro do autismo.

O día 27 ofrécese o contacontos da compañía Xarope Tulú Lingoreteira, un espectáculo para público familiar que combina a narración oral, a música e a manipulación dun monicreque. Será na Casa da Cultura da Laracha ás 17:30 h.

O luns 30 o Centro Sociocultural de Paiosaco acollerá ás 17:30 h Circanelo, un show clown de N+1 que combina o teatro xestual, a danza e a acrobacia para que os asistentes desfruten dunha viaxe por un mundo de emocións, xogos e improvisación.

Xa no novo ano haberá outros dous contacontos infantís, ambos tamén ás 17:30 h. O día 2 de xaneiro, no Centro Sociocomunutario de Caión ofrecerase Os contos de William Shakespeare, co que a compañía Pedras de Cartón fai un percorrido polas obras máis coñecidas do dramaturgo inglés, pero adaptándoas para o público infantil e familiar. E o 3 de xaneiro Cristina Kolumelah traerá á Casa da Cultura da Laracha Cosas de mi abuela, un espectáculo de narración oral escénica e teatro de obxectos.

Os eventos culturais organízanse coa colaboración da Deputación da Coruña e do programa Dinamiz-ARTj do Instituto Para la Transición Justa.

Actividades con inscrición requirida

O martes 10 de decembro ás 9:00 horas abrirase a inscrición nas dúas actividades infantís e xuvenís nas que se require a reserva ao ser as prazas limitadas. Poderase facer de xeito gratuíto cubrindo o formulario en liña a través da web e redes sociais municipais, ou ben acudindo ao Concello.

Unha delas é o obradoiro de cociña de Nadal no que os participantes aprenderán a elaborar turrón, galletas e cocadas. Realizarase na Casa da Cultura en dous días diferentes e un total de seis quendas. Serán os días 26 (alumnado de infantil e primaria) e 30 (alumnado de primaria) de decembro.

Para o público xuvenil (12 a 17 anos) vai dirixida a saída a boleira do Diver Jump Park de Carballo do día 27 a partir das 11:00 h.

Concursos de Nadal

Permanece aberto o prazo de inscrición nos concursos de Nadal convocados polo Concello. Os formularios están dispoñibles na web alaracha.gal.

Por segundo ano convocouse o de fachadas, balcóns e xardíns particulares que sexan visibles desde o exterior. A diferencia con respecto ao ano pasado é que se establecen dúas modalidades diferentes: a de vivendas unifamiliares e a de fiestras, balcóns e fachadas. Repartiranse en total 1.525 euros.

O concurso de escaparates alcanza a súa 29º edición. Neste caso pode inscribirse calquera tipo de establecemento do termo municipal que dispoña de escaparate exterior. A dotación económica dos premios é de 1.800 euros.

O certame de panxoliñas “María Angeriz Tuset” terá lugar o sábado 28 de decembro a partir das 18:00 horas na Casa da Cultura da Laracha e vai dirixido ás asociacións culturais, coros parroquiais e grupos do municipio.

E no caso do concurso de postais dirixido ao alumnado de primaria dos colexios do municipio, o martes 17 a partir das 11:00 horas realizarase na biblioteca da Laracha a cualificación por parte do xurado composto por técnicos municipais e representantes de cada centro de ensino.

Cabalgata dos Reis Magos

A cabalgata dos Reis Magos pechará as Festas do Nadal e tamén o programa de actividades do Concello. Do mesmo xeito que nos últimos anos, realizarase un percorrido polas trece parroquias do municipio os días 4 e 5 de xaneiro.

O día 5, trala cabalgata, Melchor, Gaspar e Baltasar chegarán ao pavillón do IES Agra de Leborís, onde os nenos están convidados a agardar polas Súas Maxestades desfrutando dunha festa infantil.

Programa do Nadal 2024 na Laracha.
Tags: Noticias de Laracha
⬅ Noticia Anterior

Mellora da rede viaria entre A Riba e Ferraría, na parroquia de Coiro

Siguiente Noticia ➡️

Formalizado o contrato de execución do proxecto de mellora da rede viaria en Montemaior e Golmar

Siguiente Noticia ➡️
Formalizado o contrato de execución do proxecto de mellora da rede viaria en Montemaior e Golmar.

Formalizado o contrato de execución do proxecto de mellora da rede viaria en Montemaior e Golmar

El Diario de A Laracha

  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Redes y Canales

  • El Portal de la Infancia
  • Salud y Medicina Hoy
  • Videos de A Laracha en Youtube
  • El Diario de Arteixo
  • Videos de Arteixo en Youtube

Contacto

  • Contactar con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies. Si continúa navegando, está aceptándola.
Ir a la versión móvil