Asisitiron un total de seiscentas persoas á Festa-Homenaxe aos nosos maiores celebrada o 13 de maio.
A Festa Homenaxe aos nosos maiores que celebrouse o 13 de maio no pavillón do IES Agra de Leborís contou cun rotundo éxito participativo, coa presenza de seiscentas persoas.
A apertura de portas foi ás 13:00 h. Ás 13:30 h oficiouse unha misa. A continuación foi o xantar e, por último, houbo baile con música en directo.
O Concello volveu a organizar este evento clásico da programación en torno ao Día das Letras Galegas tras catro anos sen poder levalo a cabo por causa da pandemia do coronavirus. O propósito foi facer unha homenaxe ás persoas maiores de 55 anos de idade, xubiladas ou pensionistas, ao mesmo tempo que se lles ofreceu unha alternativa de ocio e unha xornada festiva que poideron desfrutar en compañía de familiares, veciños e amigos, reforzando as relacións sociais entre ese colectivo.