viernes, septiembre 22, 2023
  • Sobre Nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico A Laracha

13ª edición do Día do Deporte

diariodelaracha ≫ diariodelaracha
mayo 24, 2023
in A Laracha, En Portada
0
13ª edición día do deporte

13ª edición do Día do Deporte.

0
COMPARTIDA
56
VISTA
Share on FacebookShare on Twitter

O Día do Deporte da Laracha alcanzará a súa decimoterceira edición o sábado 3 de xuño.

O Día do Deporte da Laracha alcanzará a súa decimoterceira edición o sábado 3 de xuño, unha cita consolidada na programación anual municipal na que se convida a participar a toda a cidadanía. Así, o propósito esencial é dar visibilidade ás diferentes modalidades deportivas, fomentar a práctica de diversidade de tipos de actividade física e promocionar os estilos de vida saudables entre persoas de todos os grupos de idade, en especial nenos e maiores.

A xornada desenvolverase na Praza Les Sables d’Olonne e en todo o seu entorno ((Praza da Cultura, piscina municipal e pavillón do IES Agra de Leborís), incluíndo tamén a nova zona deportiva da parte traseira do instituto, na que xa están dispoñibles as dúas pistas polideportivas e o skatepark.

As persoas que se acheguen para desfrutar deste evento poderán practicar fútbol sala, baloncesto, judo, tiro con arco, mountain bike, xadrez, equitación, ximnasia de mantemento, billarda, skate, aquagym e actividades de primeiros auxilios. Como principal novidade desta edición, a colaboración de Enki posibilitará a práctica de deportes adaptados co propósito de aproveitar a xornada para incidir na inclusión e na diversidade a través do deporte.

Actividades

Ademais, haberá exhibicións de patinaxe, zumbea, zumbea kids e danza urbana coas que se clausurará a temporada das escolas deportivas municipais desas disciplinas.

Como actividades lúdico-deportivas que complementan a oferta están os karts a pedais, portería inchable, escalada tobogán, táboa de surf e barredoira.

Cada persoa que participe nunha actividade recibirá un boleto para a tómbola co sorteo dos premios que se vai realizar a partir das 13:30 horas para pechar a xornada.

Colaboran co Concello na organización do Día do Deporte, ademais de Enki, o Club Baloncesto Laracha, Club de Salvamento Acuático Laracha (SAL), Club Patín Conxuro, Club Arco Laracha, Laracha en Dúas Rodas, Club Amigos del Judo, Club de Billarda APB A Laracha, Billarda Campo da Feira e Hebe Sport, a empresa concesionaria da xestión do complexo deportivo da piscina municipal.

Cartel da 13ª edición do Día do Deporte
Tags: Noticias de Laracha
⬅ Noticia Anterior

Novo programa de emprego para persoas mozas

Siguiente Noticia ➡️

Asunción Varela Ramilo celebra o seu 101 aniversario

Siguiente Noticia ➡️
asunción varela ramilo celebra 101 aniversario

Asunción Varela Ramilo celebra o seu 101 aniversario

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

  • empleo y formación con Insertia.net
    Logotipo del portal de empleo y formación

El Diario de A Laracha

  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Redes y Canales

  • El Portal de la Infancia
  • Salud y Medicina Hoy
  • Videos de A Laracha en Youtube
  • El Diario de Arteixo
  • Videos de Arteixo en Youtube

Contacto

  • Contactar con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies. Si continúa navegando, está aceptándola.