viernes, junio 20, 2025
  • Sobre Nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico EMPRESAS+

Apertura de prazo de admisión do viveiro industrial de empresas

diariodelaracha ≫ diariodelaracha
octubre 3, 2022
in EMPRESAS+
0
viveiro de empresas no polígono industrial da Laracha

Espazo destinado ao viveiro de empresas na Laracha

0
COMPARTIDA
118
VISTA
Share on FacebookShare on Twitter

Dirixido a tódalas persoas físicas ou xurídicas que leven un máximo de 6 meses constituídas como empresas ou como autónomas

O Concello da Laracha anuncia que ábrese o prazo de solicitude a tódalas persoas físicas ou xurídicas que leven un máximo de 6 meses constituídas como empresas ou como autónomas. Tamén aos que o vaian facer nun prazo máximo de 3 meses dende a resolución de cesión e que desexen facer uso no Viveiro Industrial.

Unha das peculiaridades deste viveiro, é que deberán desenvolver actividades que se consideren compatibles coas categorizacións industriais indicadas no artigo 3 do DECRETO 37/2015, de 12 de marzo, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro Industrial de Galicia.

O edificio do Viveiro conta con zonas comúns para o servizo dos emprendedores industriais, cun espazo multiusos e de reunión, unha zona de espazos/postos aberta, e unha zona de naves, dividida en dous independentes con  acceso independente propio e que comunica mediante corredor có edificio de servizos comúns, aseos e vestiarios. Adxacente á parcela existe unha amplía zona de aparcadoiro. Como servizos xerais atópase un vestíbulo-recepción.

A principal característica a destacar do Viveiro Industria é a posibilidade do  uso independente de cada zona. O edificio do Viveiro Industrial consta de dúas zonas, unha destinada a naves de uso industrial, taller artesanal ou similares, principalmente opaca, onde se ubican as 2 naves, con acceso peonil polo vestíbulo e outra independente a través dos amplos portóns eléctricos, o cal facilita o acceso a diferentes tipos de transporte ou maquinaria; e outra zona destinada a 8 oficinas/postos, servizos xerais, vestíbulo recepción, unha sala de reunión-multiusos. Vídeo promocional do viveiro de empresas na Laracha

As empresas e/ou autónomos que se instalen no Viveiro contarán con servizo de administración-recepción, limpeza e mantemento de zonas comúns, seguridade, aparcadoiros, aseos, sala multiusos, conexión a internet e suministro básico de auta e electricidade

Outro atractivo do novo viveiro de empresa municipal é o coste mínimo que terá para os novos usuarios das instalacións, será unha taxa trimestral de 900 euros (trimestre) no caso das naves e de 180 euros (trimestre) no caso das zonas de traballo/oficina. O que será un gasto mensual de 300 euros para as naves e de 60 euros no caso das zonas de traballo.

Obxetivos

Os obxectivos principais que o Concello  persegue cos Viveiro de Empresas son, favorecer a creación e consolidación de novas empresas, a xeración de emprego, favorecer a instalación de empresas de carácter innovador. Buscamos ser un instrumento de apoio eficaz para aquelas iniciativas empresariais que precisen dun espazo físico de localización, infraestrutura, loxística e servizos ofertados polos Viveiros.

As empresas poderán permanecer no viveiro de empresas durante un ano con opción a unha prórroga de ata 12 meses mais.

Toda esta información poderá ser consultada nas bases publicadas no BOP nº114 de 16 de xuño de 2022, así como na Axencia de Desenvolvemento Local de Concello da Laracha, ubicada no Edificio Administrativo, tamén no número de teléfono 981612811 ou no e-mail viveiroempresas@alaracha.gal. O período de presentación de solicitudes será dun mes dende o dia seguinte á publicación no BOP da Coruña, da apertura de prazo, que será a vindeira semana

Tags: Concello de Larachalaracha noticiassociedad
⬅ Noticia Anterior

Solicitan a Correos a cobertura de todas as prazas de carteiro na oficina da Laracha

Siguiente Noticia ➡️

El PAC de A Laracha, ejemplo de edificación sostenible

Siguiente Noticia ➡️
edificación sostenible en A Laracha

El PAC de A Laracha, ejemplo de edificación sostenible

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

El Diario de A Laracha

  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Redes y Canales

  • El Portal de la Infancia
  • Salud y Medicina Hoy
  • Videos de A Laracha en Youtube
  • El Diario de Arteixo
  • Videos de Arteixo en Youtube

Contacto

  • Contactar con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies. Si continúa navegando, está aceptándola.
Ir a la versión móvil