En determinadas localizacións o tendido aéreo e tamén as caixas do servizo de Telefónica están nun deficiente estado de conservación
O Concello da Laracha solicitou por escrito á dirección xeral de Telefónica S.A. en Galicia a reparación dos equipamentos da compañía de telecomunicacións situados no termo municipal da Laracha. Éstes atopanse nun deficiente estado de conservación.
Desde o Concello trasladouse á compañía as continuas queixas que comunican os veciños denunciando o mal estado do tendido aéreo en determinadas localizacións. O cableado se atopa a baixa altura ou mesmo a ras de chan. Tamén se fai referencia a unha caixa coa estrutura deteriorada situada nunha beirarrúa en Bos Aires, xunto ao núcleo urbano da Laracha.
Na solicitude se acompañou cunha reportaxe fotográfica dos equipamentos máis deteriorados. Explícase que esta situación supón prexuízos para os veciños residentes nos lugares afectados. Tamén pode significar complicacións na circulación de vehículos e mesmo un perigo para os viandantes. Unha vez presentada a solicitude, desde o Concello agárdase que Telefónica S.A. actúe para reparar os equipamentos. E, ademáis, mantelos nun óptimo estado de conservación.