Icono del sitio El Diario de A Laracha

O sector do taxi e Concello consensuan melloras

taxi laracha

No Concello da Laracha son actualmente oito os vehículos que prestan servizo de taxi.

Así que o sector do taxi e Concello analizan o funcionamento do servizo e expoñeron propostas para melloralo.

Nesta reunión no Concello, os profesionais do taxi trataron cuestións relativas ao funcionamento do servizo. Tamén expoñeron ideas e consensuaron medidas para melloralo. Estas melloras buscan tanto o beneficio dos usuarios como dos profesionais do sector.

Tamén á reunión asitiu persoal técnico municipal. O Concello convidou a asistir a todos os titulares de licencias municipais. Ademais estivo o alcale, José Manuel López Varela.

Salir de la versión móvil