Esta asunto sobre o suplemento de crédito foi sometido ao ditame da Comisión Informativa de Facenda
Hoxe celebrouse unha reunión da Comisión Informativa de Facenda para someter a ditame a proposta de aprobación dun suplemento de crédito por un importe total de 128.500 euros. É para afrontar os gastos derivados dos plans de axudas ao sector comercial.
En concreto, 67.500 euros destinaríanse ao programa municipal para o fomento do emprego mediante o impulso da actividade económica. Desde xeito, a intención é paliar os efectos da Covid-19, convocado no ano pasado e resolto no actual. Polo tanto farase con cargo aos orzamentos de 2021.
Os outros 61.000 euros imputaríanse na partida orzamentaria coa que se financiaría a adhesión do Concello da Laracha ao convenio de colaboración coa Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e coa Consellería de Emprego e Igualdade para a concesión das axudas ao sector da hostalaría cuxos negocios quedaron afectados polos peches regulados na normativa ditada polas autoridades sanitarias por causa da covid-19.
En virtude do mesmo, o Concello da Laracha comprometeuse a complementar as subvencións do programa de apoio ao sector da hostalaría (orde do 22 de febreiro de 2021, publicada no DOG número 36) que foran convocadas no seu momento pola Xunta de Galicia.
O suplemento de crédito financiaríase integramente co remanente líquido de tesourería para gastos xerais. Este será un dos asuntos que se elevará ao Pleno ordinario que se celebrará este venres.