As subvencións enmárcanse en actuacions para corrixir impactos paisaxísticos
Gonzalo Trenor, o delegado da Xunta na Coruña, estivo hoxe na Laracha para presentar xunto ao alcalde, José Manuel López Varela, a convatoria de subvencións do Instituto de Estudos do Territorio. Así, as actuacións enmárcanse na corrección de impactos paisaxísticos. Vai dirixida a particulares que melloren visualmente os seus inmobles. A axuda será do 70% do custo do proxecto ata un máximo de 3.000 euros. O prazo de solicitude remata o 31 de maio.
Nesta ligazón pódese ampliar información. Trenor anima aos veciños a solicitar as axudas para corrixir os impactos urbanísticos e destaca a importancia da colaboración dos concellos na xestión administrativa – Xunta de Galicia . Aquí pode consultarse o texto completo da convocatoria no DOG: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210413/AnuncioG0192-290321-0001_gl.html