viernes, junio 20, 2025
  • Sobre Nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico EMPRESAS+

Dous novos proxectos de mellora da rede viaria

diariodelaracha ≫ diariodelaracha
agosto 19, 2021
in EMPRESAS+
0
proxecto melloras na rede viaria de A Laracha

Imaxe de arquivo mellora rede viaria na Laracha

0
COMPARTIDA
59
VISTA
Share on FacebookShare on Twitter

Un dos proxectos afecta á rúa Silverio Moreda da Laracha, na que se establecerá o sentido único de circulación

Na sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local celebrada hoxe foron adxudicados dous proxectos de mellora da rede viaria municipal que suporán un investimento total de 159.500 euros. Un deles consiste na mellora da seguridade viaria da rúa Silverio Moreda Alvariño da capital municipal. Actualmente está permitido o dobre sentido de circulación e existen tanto beirarrúas como zonas de aparcamento a ambas marxes.

O Concello, consciente das dificultades que iso implica para o tránsito de vehículos, establecerá o sentido único. Será con acceso pola Avenida Fisterra (estrada AC-552) e saída pola Avenida de Caión (estrada DP-1913), xunto á igrexa parroquial de Santa María de Torás. Isto posibilitará conservar todas as prazas de estacionamento a ambos lados da vía e ampliar as beirarrúas para aumentar a seguridade dos peóns. Ademais, contémplanse melloras na accesibilidade, iluminación pública e a completa sinalización en toda a rúa. A actuación está valorada en 85.500 euros e será executada por Construcciones Vázquez y Reino.

En zonas rurais

O outro proxecto adxudicado pola Xunta de Goberno céntrase na mellora de camiños situados en zonas rurais. Será cofinanciado pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural no marco do Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas.

Inclúense catro intervencións diferenciadas en estradas municipais. Discorren por A Ferreira (parroquias de Montemaior e Soandres) e San Fins de Arriba en dirección á estrada CP-2404 (Montemaior). Tamén, na vía que comunica A Costa e Tuixe de Abaixo (parroquias de Cabovilaño e Lemaio) e unha última actuación que daría continuidade á anterior nun camiño de Tuixe de Abaixo. En todos os casos as obras teñen por finalidade mellorar o firme e a drenaxe das estradas, facilitar a circulación e aumentar a seguridade viaria. A execución do proxecto, valorado en 74.000 euros, será a cargo de SYR-AMG.

Tags: Concello de Larachaobrasrural
⬅ Noticia Anterior

Encuentra empleo con Insertia.net

Siguiente Noticia ➡️

Trofeo de fútbol "Concello da Laracha"

Siguiente Noticia ➡️
trofeo de fútbol 2021 Laracha

Trofeo de fútbol "Concello da Laracha"

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

El Diario de A Laracha

  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Redes y Canales

  • El Portal de la Infancia
  • Salud y Medicina Hoy
  • Videos de A Laracha en Youtube
  • El Diario de Arteixo
  • Videos de Arteixo en Youtube

Contacto

  • Contactar con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies. Si continúa navegando, está aceptándola.
Ir a la versión móvil