Icono del sitio El Diario de A Laracha

O Xurado do Concurso de Escaparates premia a Agrícola Castiñeiras

premio xurado escaparates

Escaparate de Agrícola Castiñeira

O xurado popular do Concurso de Escaparates remia a Mimos de Nina.

O concello da Laracha convocou a A 27ª edición do concurso de escaparates de Nadal. Do mesmo xeito que nos tres últimos anos, nesta edición houbo dúas modalidades do concurso:

Valoración do xurado

Os galardoados en base ás valoracións do xurado foron:

1º premio (500 euros): Agrícola Castiñeira (Avenida Doutor Lópe Astray, 74. A Laracha)
2º premio (400 euros): Cultiagro (Avenida Fisterra, 101. A Laracha).
3º premio (300 euros): Florería Lilos (Rúa Santa Lucía, 65. A Laracha).
4º premio (200 euros): Electrodomésticos Erve (Rúa da Coruña, 8. A Laracha).
5º premio (100 euros): Moda infantil Los mimos de Nina (Rúa Santa Lucía, 16. A Laracha).

Valoración no Facebook

No concurso de Facebook, que se abriu na tarde do 27 de decembro e pechouse hoxe ás 12:00 horas, houbo 4.670 interaccións de usuarios e 2.628 votos no álbum coas fotos de todos os participantes.

Asi, as tres que obtiveron un maior número de votos positivos e, por tanto, resultaron premiadas son:

1º premio (150 euros): Moda infantil Los mimos de Nina (Rúa Santa Lucía, 16. A Laracha)., con 493 votos
2º premio (100 euros): Panadería Suso (Rúa dos Oleiros, 2. Paiosaco), con 443 votos
3º premio (50 euros): Cultiagro (Avenida Fisterra, 101. A Laracha), con 294 votos

1.800 euros en premios

Ademais como cada ano, o concello da Laracha convocou este concurso cos obxectivos de apoiar economicamente e estimular ás empresas e comerciantes do municipio para decorar os escaparates con motivos propios das datas do Nadal. Pretenden que iso tamén sexa un aliciente para que os cidadáns aposten polo comercio local para facer as súas compras durante as festas.

Escaparate Mimos de Nina
Salir de la versión móvil