jueves, mayo 15, 2025
  • Sobre Nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico EMPRESAS+

Formalizado contrato de execución do proxecto do Skatepark

diariodelaracha ≫ diariodelaracha
marzo 28, 2022
in EMPRESAS+
0
Skatepark en A Laracha

Momento da formalización do contrato para construir o Skatepark na Laracha

0
COMPARTIDA
53
VISTA
Share on FacebookShare on Twitter

Na parte posterior do IES Agra de Leborís construirase o parque de patinaxe Skatepark por 155 mil euros. Tamén firmaron contratos para mellora na rede viaria

O Concello completou a tramitación administrativa do procedemento de contratación do proxecto de construción do parque de patinaxe Skatepark. A formalización do contrato contó coa presencia do alcalde, José Manuel López Varela, e o representante da empresa adxudicataria, Zona de Obras O Rosal S.L.

Nestes días comezarase a executar este ambicioso proxecto no que o Concello investirá 155.000 euros procedentes íntegramente de fondos propios municipais. A finalidade é ofrecer unha nova alternativa para o ocio e a práctica deportiva especialmente dirixida ao público adolescente e xuvenil.

O lugar escollido para habilitar este novo equipamento de uso libre é na parte posterior do IES Agra de Leborís. Alí o Concello da Laracha está a crear una nova área deportiva de referencia na capital municipal. Este lugar dispón dunha pista polideportivas de recente construción.

Máis proxectos formalizados

Por outra banda, o alcalde e o representante da empresa Construcciones J. Mauri e Hijos S.L. veñen de formalizar dous contratos de execución de sendos proxectos de mellora da rede viaria. Alcanzan un investimento conxunto de 240.000 euros. Tras este trámite administrativo, as obras comezarán a executarse nos próximos días.

Un dos proxectos inclúe intervencións nas parroquias de Erboedo, Coiro, Lestón e Montemaior. En concreto, en Erboedo actuarase en estradas do núcleo de O Vilar e o seu entorno (incluíndo melloras na rede de pluviais), O Toural e tamén en Vilarmaior. Alí se aumentará a anchura da calzada, sendo precisa a construción dunha escollera.

En Coiro as obras localizaranse no lugar de Longra, contempládose a renovación do firme e a instalación de sinalización vertical para aumentar a seguridade nun cruce de camiños. En Lestón a actuación afectará á estrada do núcleo da Porta Santa. En Montemaior renovarase o pavimento en vías de Cumiáns (incluíndo o acondicionamento do sobreancho nunha das marxes) e de A Fieira.

O outro proxecto tamén afecta a unha vía da parroquia de Erboedo, en concreto a situada no núcleo de Cendón, e a dúas estradas de Golmar situadas en Requesende e A Calvela. Ademais da renovación da capa de rodadura, nos tres casos inclúense e as correspondentes sinalizacións para aumentar a seguridade viaria.

Formalización empresa Construcciones J. Mauri e Hijos S.L
Tags: Concello de Larachaobrassociedad
⬅ Noticia Anterior

Hoxe a las 20:30 sesión informativa en Paiosaco sobre cómo aforrar na tarifa eléctrica en

Siguiente Noticia ➡️

Aberta a inscrición para servizos de conciliación durante Semana Santa na Laracha

Siguiente Noticia ➡️
Servizos madrugadores A Laracha

Aberta a inscrición para servizos de conciliación durante Semana Santa na Laracha

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

El Diario de A Laracha

  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Redes y Canales

  • El Portal de la Infancia
  • Salud y Medicina Hoy
  • Videos de A Laracha en Youtube
  • El Diario de Arteixo
  • Videos de Arteixo en Youtube

Contacto

  • Contactar con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies. Si continúa navegando, está aceptándola.
Ir a la versión móvil