Icono del sitio El Diario de A Laracha

Cen persoas participarán no programa integrado de emprego en 2022

persoas na Laracha programa empleo

Programa Integrado de Emprego para cen persoas na Laracha

O programa presenta un obxectivo mínimo de inserción laboral do trinta e seis por cento das persoas participantes

O Concello remata o proceso de selección das persoas que formarán parte do programa integrado de emprego (PIE). Se desenvolverá ata o mes de novembro en colaboración coa Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia. Nos próximos días comezará a levarse a cabo a formación, con itinerarios profesionais individualizados para cada un dos participantes. O obxetivo é atender ás súas calidades persoais, necesidades e expectativas de inserción laboral.

Este é o terceiro programa destas características que se leva a cabo no Concello da Laracha. Nesta ocasión o tipo de formación ofertada céntrase prioritariamente nos sectores do comercio e a loxística. Tamén, en especialidades con demanda de traballadores cualificados. Os participantes, co asesoramento das dúas orientadoras laborais, poderán decidir realizar accións formativas do catálogo do Servizo Público Estatal, tales como:

Demanda de perfís profesionais

Preténdese aproveitar as oportunidades que se presentan no termo municipal da Laracha e o seu entorno en sectores con crecente demanda de perfís profesionais. Orientaranse cara eses ámbitos as accións formativas, acompañarase nos itinerarios curriculares individualizados ás persoas participantes. Tamén, ofreceráselle a oportunidade de realizar prácticas profesionais non laborais en empresas colaboradoras do termo municipal para aumentar as súas capacidades.

O orzamento do programa integrado de emprego ascende a 250.000 euros. Será financiado pola Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia mediante fondos finalistas transferidos do Servizo Público de Emprego Estatal.

Salir de la versión móvil