As obras céntranse na mellora da rede viaria e do saneamento en 22 núcleos de 9 parroquias
O Concello da Laracha sacará a licitación nos próximos días catro proxectos de obras centrados na mellora de estradas rurais e da rede de saneamento de residuais. Alcanzarán un investimento total de 366.190,17 euros. Unha vez obtidos os preceptivos informes sectoriais favorables dos diferentes organismos, cada proxecto será publicado na Plataforma de Contratación del Sector Público. Abrirase o prazo para a presentación de ofertas. As actuacións previstas financiaranse cos fondos do Plan Único de Concellos da Deputación da Coruña.
As obras previstas afectan a vinte e dous núcleos de poboación de nove parroquias do municipio, que son os seguintes:
- Parroquia de Cabovilaño: estrada O Chamusco-Arén e núcleos de Nogán, As Ribas, A Teixoeira e Cardois
- Parroquia de Coiro: núcleos de O Pereiro e Longra
- Parroquia de Lendo: accesos a Lista e Os Abelares
- Parroquia de Soandres: accesos a O Toural, núcleo de A Bocixa e camiños municipais en O Campo de Medado
- Parroquia de Montemaior: núcleos de A Ribeiriña, A Cerdeira, Cumiáns e A Fieira
- Parroquia de Vilaño: estrada en Vilaño Vello
- Parroquia de Caión: mellora da estrada e da rede de saneamento en Xermaña
- Parroquia de Erboedo: núcleos de O Vilar e Vilarmaior
- Parroquia de Lestón: núcleo de A Porta Santa