A especialidade de pintura industrial en construción do obradoiro A Laracha VII interveu no centro sociocultural das Rañeiras e agora actúa no pavillón Municipal da Laracha.
O alumnado traballador das dúas especialidades do Obradoiro de Emprego A Laracha VII realiza as primeiras intervencións prácticas. Faio dlogo de completarse gran parte da aprendizaxe teórica prevista neste programa dual organizado e financiado entre o Concello da Laracha e a Xunta de Galicia.
A especialidade de pintura industrial en construción está a realizar unha intervención no pavillón Municipal da Laracha que se prolongará nos próximos días. Inclúe traballos de diversas características no interior da instalación. A ese lugar desprazáronse o alcalde, José Manuel López Varela, e a concelleira de Emprego, Rocío López. Previamente remataran cos traballos de pintura interior no centro sociocultural das Rañeiras, situado na parroquia de Lestón. Dita intervención se completará coa pintura do exterior que se realizará durante a primavera.
Outras actuacións previstas para ser realizadas durante os próximos meses por esta especialidade localízanse nos centros socioculturais de Golmar (Lamas) e de Vilaño (A Areosa). Tamén, no campo de fútbol A Porta Santa de Paiosaco e nos depósitos de auga da parroquia de Caión.
Otra especialidade
Pola súa parte, a especialidade de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais tamén comezou a formación práctica na aula homologada. Foi habilitada para tal efecto polo Concello no edificio administrativo da Laracha. En concreto, as alumnas traballadoras realizan prácticas centradas en aspectos como a hixiene e aseo da persoa dependente. Además, preparación da habitación da persoa usuaria, mantemento da orde e condicións hixiénicas, cambios posturais, axudas técnicas, etc.
Para facilitar o procedemento de aprendizaxe, esta fase combínase co desenvolvemento da formación teórica de contidos establecidos nos reais decretos que regulan os certificados de profesionalidade.
A Laracha VII
O Obradoiro de Emprego A Laracha VII está en marcha desde finais de outubro e ten unha duración de nove meses. Conta con 20 alumnos-traballadores –dez por cada especialidade- e un equipo directivo, formativo e administrativo. O orzamento alcanza os 347.000 que se invisten co dobre obxectivo:
- formar a persoas que se atopan en situación de desemprego en sectores con demanda de persoal
- realizar actuacións de interese xeral para a cidadanía