miércoles, enero 27, 2021
  • Sobre Nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico EMPRESAS+

Modificación do proxecto sectorial do polígono industrial para adaptar a normativa

diariodelaracha ≫ diariodelaracha
agosto 11, 2020
in EMPRESAS+
0
polígono industrial laracha

Vista do polígono industrial da Laracha

0
COMPARTIDA
57
VISTA
Share on FacebookShare on Twitter

A modificación proposta no texto foi consensuada con Suelo Empresarial del Atlántico

A modificación puntual número 2 do proxecto sectorial do polígono industrial da Laracha que promove o Concello estará en fase de exposición pública de trámite de avaliación ambiental estratéxica durante os próximos corenta e cinco días. O documento pode consultarse ao completo na web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

Este cambio normativo ten por finalidade alterar determinados aspectos do texto normativo para adaptalos ás novas necesidades que presentan as empresas. Por tanto, facilita a súa implantación. Os termos desta proposta foron consensuados entre o Concello e Suelo Empresarial del Atlántico (SEA), a sociedade pública que urbanizou e comercializa o solo do polígono.

Entre as modificacións formuladas están a mención expresa ao sector de investigación e desenvolvemento (I+D), que se incluirá dentro das actividades de uso industrial. Ademais, eliminaranse os 600 metros cadrados de límite de superficie máxima en categoría 1ª. Na práctica, permitirá a agrupación de parcelas e, por tanto, a implantación de empresas que precisen de espazos máis amplos para a construción das súas instalacións. Tamén se permitirá o cambio de uso de terciario a industrial en determinadas parcelas debido a escaseza de demanda para ese tipo de actividades debido á situación xeográfica do polígono. Do mesmo xeito, mellorarase a ordenación ofrecendo como usos asociados o hostaleiro, oficinas e administración.

Incidencia positiva

Por outra banda, adaptaranse as alturas máximas permitidas ás necesidades actuais debido aos avances tecnolóxicos dos últimos anos, especialmente importantes para a loxística e almacenaxe.

Salientar tamén que o novo texto permitirá expresamente o autoconsumo eléctrico por parte das sociedades implantadas no parque empresarial. Todos os aspectos normativos que se pretenden realizar terán unha incidencia positiva nas variables social, económica e tamén medio ambiental ao promover o aforro enerxético, polo que a modificación do proxecto sectorial do parque empresarial é considera polo Concello de interese público e xeral.

Tags: Concello de LarachaempresasNoticias de Laracha
⬅ Noticia Anterior

Renovan convenio das bibliotecas da Laracha, Paiosaco e Caión na Rede de Galicia

Siguiente Noticia ➡️

Dende o obradorio de emprego melloran na Casa do Concello

Siguiente Noticia ➡️
obradoiro de emprego en Laracha V

Dende o obradorio de emprego melloran na Casa do Concello

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

El Diario de A Laracha

  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Redes y Canales

  • Todos los martes, con Isabel García
    Salud y Medicina Hoy
  • Videos de A Laracha en Youtube
  • El Diario de Arteixo
  • Videos de Arteixo en Youtube

Contacto

  • Contactar con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Edita En Página Impar | © El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL

Edita En Página Impar | © El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies. Si continúa navegando, está aceptándola.