O DOG publica hoxe a resolución da modificación do Instituto Galego de Vivenda e Solo
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución do Instituto Galego de Vivenda e Solo pola que se fai pública a aprobación definitiva da modificación puntual número 2 do proxecto sectorial do polígono industrial da Laracha. A finalidade foi alterar determinados aspectos do texto normativo para adaptalos ás novas necesidades que presentan as empresas e, así, facilitar a súa implantación na Laracha.
Cambios promovidos polo Concello
Entre as modificacións aprobadas están a mención expresa ao sector de investigación e desenvolvemento (I+D), que se inclúe dentro das actividades de uso industrial. Ademais, elimínanse os 600 metros cadrados de límite de superficie máxima en categoría 1ª. Na práctica permitirá a agrupación de parcelas e, por tanto, a implantación de empresas que precisen de espazos máis amplos para a construción das súas instalacións. Tamén se aumentan as posibilidades de ampliación de usos industriais e comerciais. Ademáis, mellórase a ordenación ofrecendo como usos asociados o hostaleiro, oficinas e administración.
Así mesmo, foron adaptadas as alturas máximas permitidas ás necesidades actuais que requiren aos avances tecnolóxicos dos últimos anos. Isto é specialmente importantes para as naves destinadas a actividades de loxística e almacenaxe. O novo texto promove o uso de fontes de enerxía renovables e facilita a instalación de produtoras para o autoconsumo eléctrico.
A modificación puntual do proxecto sectorial do parque empresarial foi promovida polo Concello por considerala de interese público e xeral. Terá unha incidencia positiva nas variables social e económica e tamén na medioambiental ao promover o aforro enerxético das firmas que se implanten no polígono.