Icono del sitio El Diario de A Laracha

O Concello mostra o seu apoio al Grupo Celsa

SEA operaciones en el parque empresarial de A Laracha

Vista aérea do parque empresarial da Laracha

O Grupo Celsa conta cunha planta siderúrxica no parque empresarial da Laracha

O Grupo Celsa, a través da súa filial Celsa Atlantic, conta desde o ano 2007 cunha planta siderúrxica no parque empresarial da Laracha. Esta industria constitúe un dos motores económicos do termo municipal polo emprego directo e indirecto que depende dela.

O Grupo solicitou beneficiarse do Fondo de Apoio á Solvencia de Empresas Estratéxicas xestionado pola Sociedad Estatal de Participaciones Industriales (SEPI) e que ten por obxectivo achegar apoio público temporal para reforzar a solvencia das compañías non financeiras afectadas pola pandemia do coronavirus e que sexan consideradas estratéxicas para o tecido produtivo nacional. Esta liña de axudas require dun acordo entre a compañía e o seus acredores que debe alcanzarse antes do 22 de xuño e que no momento actual non é posible porque as condicións trasladadas non son viables para Celsa Group.

Ante esta situación, o Concello da Laracha mostra a súa preocupación polo futuro da planta de Celsa Atlantic, o mantemento da actividade e a conservación dos postos de traballo. Neste sentido, defende que na negociación cos acredores e a SEPI para recibir os fondos de solvencia como empresa estratéxica deben prevalecer os criterios que sustenten o modelo industrial cunha visión a longo prazo que garanta o emprego directo e indirecto sobre os intereses financeiros curtopracistas. 

Así mesmo, o Concello da Laracha insta aos acredores de Celsa Group a que se sumen aos acordos xa adquiridos entre a compañía e a SEPI para evitar o bloqueo da entrada de financiamento público.

Salir de la versión móvil