Icono del sitio El Diario de A Laracha

Premiados no concurso de escaparates na Laracha

premiados en concurso de escaparates de A Laracha

Escaparate premiado polos usuarios do facebook: Xarope Clínica Veterinaria

Panadería Suso e Xarope Hospeital Veterinario, premiados polo xurado e no facebook

Os comercios de proximidade foron premiados da 26ª edición do concurso de escaparates de Nadal convocado polo Concello da Laracha. Do mesmo xeito que nos dous últimos anos, nesta edición houbo dúas modalidades do concurso. A tradicional cos galardóns outorgados polo xurado e tamén o realizado na páxina de Facebook municipal.

En base ás valoracións do xurado:

No concurso de Facebook houbo máis de 2.200 reaccións dos usuarios no álbum coas fotos de todos os participantes. As tres que obtiveron un maior número de votos positivos e, por tanto, resultaron premiados son:

Como cada ano o Concello da Laracha convocou este concurso cos obxectivos de apoiar economicamente e estimular ás empresas e comerciantes do municipio para decorar os escaparates do Nadal. Iso tamén é un aliciente para que os cidadáns aposten polo comercio local para facer as súas compras durante as festas. Nesta 26ª edición do certame repártense un total de 1.800 euros en premios entre todos os establecementos galardoados.

O escaparate de Panadería Suso levouse o primer premio do xurado
Salir de la versión móvil