Panadería Suso e Xarope Hospeital Veterinario, premiados polo xurado e no facebook
Os comercios de proximidade foron premiados da 26ª edición do concurso de escaparates de Nadal convocado polo Concello da Laracha. Do mesmo xeito que nos dous últimos anos, nesta edición houbo dúas modalidades do concurso. A tradicional cos galardóns outorgados polo xurado e tamén o realizado na páxina de Facebook municipal.
En base ás valoracións do xurado:
- 1º premio (500 euros): Panadería Suso (Rúa dos Oleiros, 2. Paiosaco).
- 2º premio (400 euros): Agrotusset (Avenida Bergantiños 2ª, Paiosaco).
- 3º premio (300 euros): Canela & Pimienta (Rúa Epifanio Campo Núñez, 18. A Laracha)
- 4º premio (200 euros): Floristería Churima (Avenida Fisterra, 111. A Laracha).
- 5º premio (100 euros): Agrícola Castiñeira (Avenida Doutor López Astray, 74. A Laracha).
No concurso de Facebook houbo máis de 2.200 reaccións dos usuarios no álbum coas fotos de todos os participantes. As tres que obtiveron un maior número de votos positivos e, por tanto, resultaron premiados son:
- 1º premio (150 euros): Xarope Hospital Veterinario (Rúa Santa Lucía, 42. A Laracha), con 443 votos.
- 2º premio (100 euros): Agrotusset (Avenida Bergantiños 2ª, Paiosaco), con 396 votos.
- 3º premio (50 euros): Panadería Suso (Rúa dos Oleiros, 2. Paiosaco), con 336 votos.
Como cada ano o Concello da Laracha convocou este concurso cos obxectivos de apoiar economicamente e estimular ás empresas e comerciantes do municipio para decorar os escaparates do Nadal. Iso tamén é un aliciente para que os cidadáns aposten polo comercio local para facer as súas compras durante as festas. Nesta 26ª edición do certame repártense un total de 1.800 euros en premios entre todos os establecementos galardoados.