As medidas de acción inmediata de Igape Responde permitirán ás empresas adaptarse ao novo contexto ante a covid-19
Un conxunto de máis de 60 expertos e consultores especializados súmase ao equipo técnico do Igape Responde. A finalidade e dar apoio, asesoramento e formar aos autónomos, os comercios e as empresas galegas a través da implantación de iniciativas de acción inmediata que contribúan a reducir o impacto
económico provocado pola covid-19.
Grazas a esta liña de asesoramento en rede, enmarcada no programa Igape Responde, autónomos e empresas poden acceder a 14 tipos de medidas.
Se implementan de xeito rápido durante dúas semanas, cun seguimento posterior dun mes e unha intensidade de 25 horas de consultaría
personalizada.
Entre outros resultados, estas iniciativas poden xerar un clima de maior confianza.E, ademáis, topar novas fontes de ingresos no negocio, captar e fidelizar
novos clientes, manter os servizos en remoto ou mellorar a motivación, a cohesión e o compromiso dos equipos.
Os negocios e as empresas que teñan necesidades nos ámbitos financeiro, de negocio, de operacións e persoas, ou aquelas que non saiban como actuar
no actual contexto económico (ámbito xeral), poden solicitar xa sen custo ningún este servizo. Visita a web http://www.igape.es/es/
Estas son as medidas dispoñibles:
- Medidas globais
- Replanificación de débedas comerciais
- Planificación das obrigacións fiscais e resto de débedas
- Busca de financiamento e negociación de débedas financeiras e avais
- Xestión de cobros e de operacións comerciais
- Reorientación do negocio
- Reconfiguración da oferta comercial
- Promoción en liña
- Implantación do teletraballo
- Prestación de servizos en liña
- Reorganización operativa
- Retención de equipos e motivación
- Fortalecemento de competencias para un novo escenario
- Planificación laboral
O Igape Responde enmárcase no Plan de reactivación económica que desenvolve a Xunta de Galicia para acompañar ao tecido empresarial galego no novo
contexto xerado pola covid-19. O plan inclúe outra liña de atención directa a consultas empresariais e o novo programa Re-acciona. Está eseñado nesta
edición 2020-2021 para responder á nova situación económica.