sábado, mayo 24, 2025
  • Sobre Nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico EMPRESAS+

Procedemento de contratación de obras de mellora das infraestructuras municipais

diariodelaracha ≫ diariodelaracha
agosto 11, 2020
in EMPRESAS+
0
fondos para obras Laracha

Orzamentos Concello da Laracha

0
COMPARTIDA
78
VISTA
Share on FacebookShare on Twitter

Un total de 62 empresas optan ao procedemento de contratación de obras no Concello da Laracha

O Concello da Laracha ten en fase de contratación tres proxectos dirixidos a mellorar as infraestruturas viarias e os equipamentos deportivos de uso público. Recentemente, remataron os períodos de presentación de ofertas. Nos próximos días reunirase a Mesa de Contratación para proceder á súa clasificación cono trámite previo á adxudicación dos contratos.

O proxecto no que hai un maior número de aspirantes á adxudicación (31) é a urbanización da prolongación da Avenida Manuel Fraga pola parte posterior do IES Agra de Leborís. Trátase da vía de recente apertura coa que o Concello está a crear unha circunvalación que conectará directamente a estrada A Laracha-A Silva (DP-2404) coa estrada A Laracha–Soandres (DP-1913). Así, mellorándose sensiblemente as comunicacións rodadas ao evitar que os vehículos accedan polo centro do casco urbano da Laracha. Tamén permitirá habilitar un novo acceso cara o instituto para os autobuses de transporte escolar, reforzándose así a seguridade para os seus usuarios.

As actuacións alcanzan preto de 245.000 euros. Inclúen a pavimentación da calzada, construción de beirarrúas, espazo de aparcamento, axardinamento, creación das redes de saneamento e abastecemento. Tamén, canalización soterrada dos servizos de rede eléctrica, telecomunicacións e iluminación pública e sinalización horizontal e vertical. Está contemplada, entre outras medidas, un paso de peóns elevado. Cóntase co financiamento da Deputación da Coruña.

Pista deportiva e mellora en Montemaior

Xunto a esta nova vía, tamén a carón do Instituto, será creada unha nova pista polideportiva descuberta de uso libre que complementará a construída nese mesmo lugar o ano pasado. Neste caso son 22 empresas as que optan á adxudicación. A obra está valorada en 98.000 euros. A pista terá unhas dimensións de 42×25 metros máis dous metros de seguridade. Marcaranse lonxitudinalmente unha pista de fútbol sala de medidas regulamentarias e, transversalmente, dúas pistas de baloncesto. Contará con iluminación e un valado perimetral de malla.

Por último, 9 empresas aspiran a resultar adxudicatarias na contratación do proxecto de mellora da estrada da parroquia de Montemaior que vai desde Santa Margarida á Silva. Consiste na completa renovación do firme desta vía, que é de gran importancia ao comunicar as fincas agrícolas desa zona coa estrada DP-2404 que dirixe á Silva (Concello de Cerceda) e dar tamén acceso ao termo municipal de Carballo por Paradela. O orzamento ascende a máis de 65.000 euros a cofinanciar entre o Concello e a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader).

Tags: Concello de LarachaNoticias de Larachaobras
⬅ Noticia Anterior

Dende o obradorio de emprego melloran na Casa do Concello

Siguiente Noticia ➡️

Iniciativas culturais nas datas das Festas Patronais da Laracha

Siguiente Noticia ➡️
iniciativas culturales en reemplza de Festas da Laracha

Iniciativas culturais nas datas das Festas Patronais da Laracha

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

El Diario de A Laracha

  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Redes y Canales

  • El Portal de la Infancia
  • Salud y Medicina Hoy
  • Videos de A Laracha en Youtube
  • El Diario de Arteixo
  • Videos de Arteixo en Youtube

Contacto

  • Contactar con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies. Si continúa navegando, está aceptándola.
Ir a la versión móvil