O venres 18 é a data límite para incribirse ao concurso. A valoración do xurado será o 29 e os premiados anunciaranse o día seguinte
Cada Nadal desde hai un cuarto de século o Concello da Laracha convoca o concurso de escaparates no que convida a participar a todos os establecementos e locais comerciais do termo municipal. Nesta 25ª edición repartiranse un total de 1.800 euros en premios entre as dúas modalidades. Una é a valoración do xurado e outra, o concurso que se realizará en redes sociais.
Aqueles establecementos e locais comerciais que desexen participar deben inscribirse como data límite o venres 18 de decembro. As bases e o impreso de inscrición poden descargarse en www.alaracha.gal. Tamén manter o escaparate visible, adornado e sen modificalo ata o día 6 de xaneiro. Ademais, deberán achegar unha fotografía para poder participar no concurso de Facebook.
A valoración do xurado –formado por membros nomeados polo Concello e pola Asociación de Comercio, Servizos e Industria da Laracha (ACSIL)– será o martes día 29 a partir das 18:00 horas. Tendo en conta as diferenzas entre os produtos dos diferentes comercios, valorarase o esforzo realizado en cada traballo seguindo os criterios de creatividade, orixinalidade, iluminación e composición comercial. Os cinco mellor puntuados obterán os premios (500, 400, 300, 200 e 100 euros).
Pola súa parte, o concurso de Facebook farase por segundo ano consecutivo. Na páxina do Concello da Laracha https://www.facebook.com/ConcelloALaracha/ subirase o 23 de decembro un álbum coas fotografías dos participante. As tres que teñan máis “gústame” o martes 30 de decembro ás 12:00 horas serán as premiadas con 150, 100 e 50 euros. Os galardoados en ambos concursos serán anunciados o día 30 de decembro.
Téndelle a man ao pequeno comercio
O Concello ten en marcha unha campaña de consultoría, asesoramento e estratexia para a planificación da transformación dixital dirixida ao comercio local na que se convida a participar a todos os establecementos, locais e empresarios que desenvolven a súa actividade no termo municipal da Laracha.
Baixo o lema Téndelle a man ao pequeno comercio! desde o Concello ofréce a posibilidade de acceder, de xeito gratuíto, a unha consultoría personalizada. Persoal especializado realizará unha valoración de cada comercio baseada na análise das súas ventas. A partir deses datos, analizar onde debe poñerse o foco para tratar de aumentar o volume de negocio. Tamén ofrecerá asesoramento e coñecementos para dar o paso cara a transformación dixital e a venta en liña a través de internet.
Calquera establecemento comercial ou profesional que desexe formar parte do programa Téndelle a man ao pequeno comercio! pode facelo cubrindo en liña o formulario que está publicado na web municipal.