O alcalde e a concelleira de Deportes mantiveron unha reunión co estudo de arquitectura e a empresa concesionaria do complexo
O Concello sacará a licitación nos próximos días o proxecto de renovación do complexo deportivo da piscina municipal da Laracha e o subministro das novas máquinas do ximnasio. No Pleno ordinario de xullo xa se dera luz verde ao suplemento de crédito por un importe de 227.000 euros para financiar ambos contratos. Os fondos municipais proceden do remanente líquido de tesourería, que entrou en vigor o 31 de agosto.
O alcalde, José Manuel López Varela, e a concelleira de Deportes, Patricia Bello, mantiveron unha reunión de traballo cos responsables do estudo de arquitectura Naos. Tamén, coa empresa concesionaria Hebe Sport, para ultimar os detalles da actuación.
Intervencións diferenciadas
O amplo e ambicioso proxecto contempla varias intervencións diferenciadas e complementarias entre sí. A finalidade é mellorar os equipamentos, facelos máis atractivos e eficientes, e ofrecer un maior confort aos usuarios. Unha vez executado este proxecto, o Concello sacará a concurso o novo contrato de xestión do complexo deportivo que conta actualmente con 1.600 usuarios.