jueves, mayo 15, 2025
  • Sobre Nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico EMPRESAS+

Xunta, SEA e Concello analizan ampliación do polígono da Laracha para 2023

diariodelaracha ≫ diariodelaracha
noviembre 13, 2022
in EMPRESAS+
0
realión polo poligono industrial da Laracha

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, reuniose co alcalde da Laracha. Foto xoán crespo

0
COMPARTIDA
43
VISTA
Share on FacebookShare on Twitter

O obxectivo é incorporar ao norte da actual área empresarial da Laracha máis de 330.000 m2

A Xunta de Galicia, o organismo Solo Empresarial do Atlántico (SEA) e o Concello da Laracha avanzarán para poder comezar o vindeiro ano coa ampliación do actual parque empresarial do municipio.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, a xerente de SEA, Beatriz Sestayo, e o alcalde da Laracha, José Manuel López, acompañados polo director do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), Heriberto García, analizaron os pasos a seguir.

Tal e como subliñou a conselleira, o Goberno galego aprobou en 2021 a modificación do proxecto sectorial do parque para flexibilizar e axilizar a implantación de empresas. Así mesmo, a ampliación do polígono da Laracha tamén está incluída na segunda modificación do Plan sectorial de ordenación de áreas empresariais de Galicia (PSOAEG).

Ata o momento, a conselleira indicou que non se recibiron alegacións con relación a esta área empresarial —o prazo finaliza o 16 de novembro— e avanzou que a previsión da Xunta é poder aprobar de forma definitiva o novo PSOAEG a vindeira primavera.

Tramitación paralela do Plan estruturante

Grazas ao traballo de planificación do Goberno autonómico a través deste instrumento de planificación, o parque industrial da Laracha pasará dos seus actuais 825.249 metros cadrados, a superar os 1,1 millóns de metros cadrados.

A nova delimitación estará no linde norte do polígono, unha localización que permitirá aproveitar o viario actual como vía de acceso e soporte das infraestruturas de servizo, co conseguinte aforro.

Unha vez estea aprobada a modificación do PSOAEG, a conselleira subliñou que SEA, na súa condición de promotor, estaría en disposición de levar a cabo o proxecto de ampliación, incluíndo a redacción e tramitación de todos os documentos urbanísticos necesarios, a obtención dos terreos e a súa urbanización.

Por iso, tendo en conta o avanzado estado de tramitación do PSOAEG, Ángeles Vázquez considerou oportuno e necesario que, paralelamente, SEA inicie o proceso de redacción do Plan estruturante de ordenación —figura creada na nova Lei de áreas emrpesariais de Galicia, que entra en vigor mañá—, necesario para levar a cabo a futura ampliación co fin de axilizar a tramitación e reducir os prazos.

O compromiso da Xunta coa implantación de novas iniciativas empresariais na Comunidade e a mellora e expansión das que xa están en funcionamento manterase en 2023 xa que é consciente do peso que ten sobre a economía garantir o dinamismo do tecido empresarial e industrial. A tal fin, os orzamentos da Consellería para o vindeiro exercicio reservarán un total de 35,4 millóns de euros a actuacións relacionadas coas políticas de solo empresarial, un 3% máis que este ano.

Tags: empresaslaracha noticiassociedad
⬅ Noticia Anterior

Alumnado do CEIPs de Caión, Otero Pedrayo e Alfredo Brañas limpan a praia

Siguiente Noticia ➡️

Salvamento Acuático Laracha presente no Memorial Carlos Servando

Siguiente Noticia ➡️
SAL no Memorial Carlos Servando 2022

Salvamento Acuático Laracha presente no Memorial Carlos Servando

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

El Diario de A Laracha

  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Redes y Canales

  • El Portal de la Infancia
  • Salud y Medicina Hoy
  • Videos de A Laracha en Youtube
  • El Diario de Arteixo
  • Videos de Arteixo en Youtube

Contacto

  • Contactar con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies. Si continúa navegando, está aceptándola.
Ir a la versión móvil