As xornadas son o venres 7 e 14 respectivamente, en ambos casos na Casa da Cultura da Laracha desde as 17:30 horas
Persoal técnico do Instituto Galego de Consumo e da Competencia impartirá na Laracha sendas xornadas informativas presenciais sobre a factura eléctrica e os servizos financeiros dirixidas á poboación en xeral. Lembramos que no 2021 nestas datas, o Instituto Galego fixo outras convocatorias informativas.
Este venres, día 7 de outubro, a primeira xornada centrarase na factura da luz, expoñendo todos os seus conceptos. Tamén, as novidades que presenta, especialmente relacionadas co mecanismo de axuste do Real Decreto Lei 10/2022, o financiamento do bono social, etc.
O venres seguinte, día 14 de outubro, ofrecerase información sobre os dereitos básicos das persoas consumidoras en servizos financeiros. O propósito é que as persoas asistentes reciban unha educación nesa materia para reducir os riscos de exclusión. Pero ademáis, alentalas a planificar antes de usar ou contratar determinados servizos ou produtos financeiros.
En ambos casos as xornadas realizaranse na Casa da Cultura da Laracha a partir das 17:30 horas, con acceso libre e gratuíto. Os asistentes público poderán resolver todas as súas dúbidas nas temáticas a tratar formulando as preguntas que consideren oportuno.