Polo resto das estradas das vilas da Laracha, Paiosaco e Caión só se poderá circular a 30 ou 20 km/h
Os tres núcleos urbanos do Concello da Laracha están afectados pola normativa que entra hoxe en vigor no marco da iniciativa “Cidades 30”. As limitacións de velocidade foron establecidas pola Dirección General de Tráfico (DGT). Polo tanto, por norma xeral xa son de aplicación os límites de 30 km/h nas vías de un só carril por sentido e de 20 km/h nas vías de plataforma única. Isto é, as que non presentan diferenza de altura entre a zona de circulación e a beirarrúa.
Son excepcións na aplicación da normativa as vías consideradas como travesías urbanas. Nela o límite de velocidade continuará sendo de 50 km/h. As estradas que cumpren esa característica dos núcleos urbanos son:
- A Laracha: Avenidas Fisterra, Doutor López Astray e de Caión más a rúa Santa Lucía.
- Paiosaco: Avenida Bergantiños e rúas Ponta Santa e Eduardo Pondal (estrada de Caión).
- Caión: Avenida da Laracha.