O sábado 2 de abril preto de 100 patinadores cadete a senior de toda Galicia compiten no pavillón municipal polo trofeo
O CP Conxuro e o CPA Maxia organizan o Trofeo Xunta Largos Categoría Nacional (Cadete a Senior) de patinaxe artística que se vai celebrar no pavillón municipal da Laracha. Será o sábado día 2 de abril desde as 9:00 ata as 20:20 horas. Trátase dunha proba federativa oficial de caracter autonómica á que acudirán preto de 100 patinadores. Esta proba é convocada pola Federación Galega de Patinaxe.
Tomarán parte no evento 16 clubs de patinaxe de toda Galicia:
- CPA Brión
- CDP Boiro
- CP Oroso
- CPA Omega
- CPA Ágora
- CP Sarela
- CP Ribeira
- CP Compostela
- CP Buxaina
- CP Lenda
- CPA Valladares
- CPA Salvaterra
- CP Alquimia
- CP Conxuro A Laracha
- CPA Maxia
O CP Conxuro presenta a catro das súas patinadoras:
- Cadete: Marta Andrade e Uxía Freire
- Xuvenil: Natalia Rama
- Junior: Ainhoa Cotelo