O Concello abre o luns a inscrición para participar no programa Andainas na primavera.
O Concello abre o luns a inscrición para participar no programa Andainas na primavera que inclúe tres rutas a realizar neste mes de maio por espazos naturais de municipios próximos á Laracha co propósito de ofrecer á cidadanía unha alternativa de aproveitamento do tempo libre e, ao mesmo tempo, potenciar os estilos de vida saudables coa promoción da actividade física.
A primeira ruta será o domingo 14 con protagonismo para o río Mero ao seu paso polos municipios de Culleredo e Cambre. O percorrido é de 11 quilómetros e de baixa dificultade.
A semana seguinte, o día 21, o roteiro será polo litoral da cidade da Coruña e centrado especificamente no parque escultórico da Torre de Hércules. A distancia é de 8 quilómetros e a dificultade, moderada.
Por último, o domingo 28 farase o ascenso ao Monte Xalo, no municipio de Culleredo, nunha ruta de dez quilómetros e medio e dificultade moderada.
Nas tres citas o autobús partirá desde a Praza do Concello ás 10:00 horas, mesmo lugar ao que regresará ao remate da actividade.
A participación vai dirixida en exclusiva a persoas -de calquera idade- empadroadas no termo municipal da Laracha. As inscricións son gratuítas e xa poden formalizarse acudindo á Casa do Concello ou chamando ao 981605001.