sábado, mayo 24, 2025
  • Sobre Nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico A Laracha

Hoxe e mañá, teatro para adultos e nenos na Casa da Cultura

diariodelaracha ≫ diariodelaracha
noviembre 20, 2020
in A Laracha
0
teatro Casa da Cultura Laracha

"Papá sen cancela" presentase hoxe na Casa da Cultura

0
COMPARTIDA
118
VISTA
Share on FacebookShare on Twitter

«Papar sen cancela» e «Os Bolechas» na Casa da Cultura con entrada gratuíta por orde de chegada

Hoxe no programa Venres Teatrais preséntase a comedia «Papar sen cancelas». A obra trae á Laracha a Isabel Risco, Pedro Brandariz e Fran Rei. Tres xeniais “chefs” que preparan menús para diferentes personaxes entre o máis distinguido do panorama galego actual. A situación sanitaria limita a asistencia de público ao cincuenta por cento do aforo da Casa da Cultura. A obras comezará ás 20:30 horas.

E mañá un evento dirixido ao público infantil presenta a «Os Bolechas», protagonistas da exitosa serie da Televisión de Galicia, que nesta ocasión chegan cunha nova aventura no Camiño de Santiago.

Os Bolechas e a Porta dos Camiños é un espectáculo teatral no que Carlos, Loli, Pili, Braulio, Sonia e Tatá coñecerán a Haker Mater, un programador informático que está poñendo a punto a Porta dos Camiños. Unha máquina que lles axuda a elixir un dos moitos Camiños de Santiago ás persoas que queren peregrinar e non saben por que vía facelo. O que pasa é que a máquina leva 11 anos sen funcionar e parece que precisa algúns arranxos. Coa axuda do público, Os Bolechas conseguirán arranxala e tamén aprenderán unha chea de cousas sobre as principais vías de peregrinación.

Os Bolechas actúan a partir das 17:30 horas na Casa da Cultura da Laracha con acceso gratuíto ata completar a capacidade máxima da sala, coa limitación dun único adulto acompañando a cada neno. O público deberá levar máscara durante toda a duración do evento.

Todas as funcións serán con entrada gratuíta por orde de chegada e ata completar o aforo máximo permitido. Colaboran co Concello da Laracha a Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia -Secretaría Xeral de Política Lingüística-. Programa FalaRedes 2020 e do Fondo de proxectos culturais Xacobeo 2021.

Calendario do Venres Teatrais

  • Venres 20: A comedia Papar sen cancelas traerá á Laracha a Isabel Risco, Pedro Brandariz e Fran Rei. Tres xeniais “chefs” que preparan menús para diferentes personaxes entre o máis distinguido do panorama galego actual.
  • Día venres 27: Chola, a IT Girl Laura Valverde porá en escena á protagonista da peza. Unha mecánica de coches, blogueira e youtuber galega que é contratada por un teatro para presentar o seu monólogo ao máis puro estilo de show escénico youtuber.
  • O pano dos Venres Teatrais pecharase o 4 de decembro con Soa. Un espectáculo protagonizado por unha muller maltratada física e psicoloxicamente á que dá vida a actriz Rogelia dos Outeiros. A peza, para maiores de 12 anos, está dirixida por Fran Rei. Inspirada no monólogo de Darío Fo La donna sola.
Sábado 21 de novembro ás 17:30 horas
Tags: Concello de Larachalaracha noticiassociedad
⬅ Noticia Anterior

Casa Cachadesa, un comercio local sólido con 40 años de historia

Siguiente Noticia ➡️

Presentación das actividades contra a violencia de xénero

Siguiente Noticia ➡️
Laracha contra violencia de xénero

Presentación das actividades contra a violencia de xénero

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

El Diario de A Laracha

  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Redes y Canales

  • El Portal de la Infancia
  • Salud y Medicina Hoy
  • Videos de A Laracha en Youtube
  • El Diario de Arteixo
  • Videos de Arteixo en Youtube

Contacto

  • Contactar con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies. Si continúa navegando, está aceptándola.
Ir a la versión móvil