O Concello anunciou, a finais de novembro, a apertura do prazo de solicitude de praza para beneficiarse do servizo municipal de apoio á conciliación da vida persoal, laboral e familiar que se presta a través do Programa Harmoniza: Conciliando na Laracha durante o Nadal.
As familias interesadas deben realizar esta trámite como data límite o 15 de decembro.
Ademais o servizo, que vai dirixido a nenos e nenas de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos, estará en funcionamento coincidindo coas vacacións nos centros de ensino de luns a venres -agás festivos- entre as 7:00 e as 14:00 horas nas instalacións do CEIP Otero Pedrayo.
Tamén ofrécense dúas modalidades de solicitude para acceder ao servizo: ben todos os días ou ben días soltos de acordo ás necesidades de conciliación de cada usuario
Tamén se poderá escoller entre utilizar o servizo en horario completo ou reducido.
Aclarar que en todos os casos é opcional o almorzo (servirase entre as 7:00 e as 9:00 horas).
Os servizos básicos incluídos para calquera modalidade de inscrición son a acollida, coidado, vixilancia e realización de actividades educativas e lúdicas con profesionais especializados.
As solicitudes poden presentarse tanto presencialmente no rexistro central do Concello como en liña na sede electrónica.