Os grupos municipais presentan unha moción conxunta solicitando servizo de grúa para o concello
A Laracha non conta na actualidad cun servizo de grúa municipal. Por iso desde os grupos do Bng e Psoe da Laracha levan unha moción conxunta ao próximo pleno ordinario da Corporación. Demanda a implementación dun servizo de grúa no concello.
«Trátase dunha demanda veciñal que xa foi levada en anteriores ocasións ao Pleno, sendo rexeitada polo grupo maioritario do Partido Popular», explican. «Non é de recibo que as persoas que están a pagar unha taxa para que non se ocupen as entradas dos seus garaxes, se vexan na situación de non poder saír cando alguén ocupa esa entrada. Aínda que se chame á policía local o único que pode facer é sancionar o vehículo pero non se pode proceder á retirada ao non dispór o concello do servizo de grúa», engaden.