A entidade deportiva acada moi bos resultados no Campeonato de España de Primavera que disputouse na psicina Fuente de la Niña de Guadalajara
Os días 17 e 18 de abril disputouse na piscina Fuente de la Niña de Guadalajara o Campeonato de España de Primavera de Salvamento y Socorrismo Infantil y Cadete. Representando ó Club Salvamento Acuático Laracha (SAL) participaron os deportistas Juan Martín Rodríguez Lafuente (infantil masculino) e Anxo López Rey (cadete masculino). Os dous completaron unha excelente actuación colocándose entre os 10 mellores deportistas nacionais da súa categoría. Tamén melloraron marcas persoais e algunha rozando medalla e récord galego. Estes resultados mostran o gran traballo feito a pesar das dificultades provocadas pola situación sanitaria nos últimos meses.
Os resultados máis destacados
- Juan Martín Rodríguez
- – 6º en 100 m remolque de maniquí con aletas
- – 6º en 100 m socorrista
- – 9º en 50 m remolque de maniquí
- Anxo López Rey
- – 5º en 50 m remolque de maniquí
- – 5º en 100 m combinada de salvamento
- – 7º en 200 m supersocorrista
- – 7º en 200 m obstáculos