As melloras socialistas, baseadas nun informe da Fegamp, esixen á Xunta un incremento da rede, entre outras propostas
Con motivo da celebración do Día Internacional da Muller, mañá 8 de marzo, o Psoe da Laracha reivindica o papel da rede de Centros de Información á
Muller (CIM), para os que reclama maiores recursos. “Neste sentido presentamos unha moción no último Pleno municipal para instar á Xunta a mellorar as condicións deste servizo público”, explica Palomi Rodríguez, voceira e candidata socialista ás eleccións municipais 2023.
“Os centros de información á muller realizan un labor esencial na igualdade entre homes e mulleres. Porén, o labor deste servizo presenta eivas e aspectos susceptibles de mellora», insiste a candidata.
As propostas que presentaron no Pleno municipal da Laracha “baséanse nun informe en un análise global da Fegamp, que remitiu un cuestionario ás distintas entidades locais e tamén tivo en conta suxestións trasladadas pola Asociación de Profesionais dos CIM (ASOCIM)”. Propoñen tamén aumentar a rede de CIM, un incremento orzamentario, unha nova delimitación das tarefas e unha campaña de información sobre este servizo. A candidata as municipais 2023 engade que «crear un servizo de atención ao colectivo LGTBI, actualmente atendido na rede CIM, pode garantir unha correcta atención”.