María Palomi Rodríguez, voceira do Psoe local, recolle necesidades dos veciños e veciñas do concello
O Psoe da Laracha, recollendo o amplo sentir de moitos veciños e veciñas que frecuentan a zona do centro urbano, propón ao Concello no Pleno de xullo a adopción dos seguintes acordos:
- Ampliar, mellorar e reforzar o parque infantil situado na Praza do Concello con xogos inclusivos e adaptados e aproveitar o espazo público axardinado como posible espazo de ampliación.
- Abrir un proceso participativo para levar a cabo estas reformas habilitando unha canle específica para as persoas adultas para que participen propoñendo ideas na mellora e ampliación dos espazos e contornos colindantes.
Por outra banda, o Grupo Municipal Socialista considera de urxencia que dende o Goberno local se promovan actuacións para a promoción de espazos libres de LGTBIfobia no municipio. Para facelo realidade propón:
- Elaborar un plan municipal transversal de prevención do acoso lgtbifóbico. Garantir o cumprimento da Lei galega de 2014 contra a discriminación sexual, en colaboración con entidades e colectivos deste ámbito e cos grupos municipais.
- Dotar aos centros educativos das ferramentas e materiais precisos para afondar dun xeito didáctico e continuado na problemática dos mozos e mozas que pertencen a minorías sexuais ou familiares.
- Establecer medidas, en coordinación coa comunidade educativa da Laracha, para abordar a diversidade familiar, sexual e de xéneros nos centros de ensinanza.
- Poñer en marcha unha campaña de promoción de espazos libres de LGTBIfobia no Concello da Laracha.
Así mesmo, o Psoe local leva dos rogos:
- 1.- Que o Goberno local tome medidas preventivas provisionais para mellorar a seguridade viaria na contorna do CEIP Ramón Otero Pedraio mentres duren as obras da escola. Pedimos establecer un camino provisional fixado con bolardos dende a escola unitaria da Areosa ata a entrada pola que accede o alumnado, permitindo así dispor dun viario seguro, tanto para nenas e nenos como os seus acompañantes.
- 2.- Solicitamos a corta da maleza na estrada que pasa por Montesclaros, as dimensións das ramas das árbores invaden a calzada e fincas privadas.