jueves, mayo 15, 2025
  • Sobre Nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico A Laracha

O Psoe pide más orzamentos para Medio Ambiente, Cultura e Educación

diariodelaracha ≫ diariodelaracha
enero 4, 2022
in A Laracha
0
orzamentos A Laracha 2022

Palomi Rodríguez pide emendas aos orzamentos municipais 2022

0
COMPARTIDA
65
VISTA
Share on FacebookShare on Twitter

As emendas socialistas aos orzamentos do Concello para 2022 inclúen propostas para a dinamización do comercio local e favorecer a participación veciñal

O Goberno municipal da Laracha levará a Pleno, o venres 7 de xaneiro, os orzamentos do Concello para 2022. Unhas contas que en opinión do Psoe da Laracha “non ofrecen respostas ás necesidades reais da veciñanza”. O grupo municipal socialista presentou unha serie de emendas parciais encamiñadas a reforzar o investimento en Medio Ambiente, Cultura e Educación, entre outras áreas. Proponse, por exemplo, a creación dunha liña de axudas para mellorar os puntos de recollida de plásticos nas explotacións agro-gandeiras. Tamén a introdución dunha nova partida destinada á limpeza de fincas abandonadas para a prevención de incendios forestais.

Ademáis, defende a necesidade de facer partícipe ao tecido social do proceso de elaboración das contas municipais. Por iso se inclúe, entre as emendas, a creación do programa piloto de orzamentos participativos “A Laracha Veciñal”. Outras propostas pasan por poñer en marcha un estudo diagnóstico da dinamización do comercio de proximidade e da hostalería.

Palomi Rodríguez Castiñeira, voceira do grupo, reclama “unha revisión a fondo” das contas municipais porque, engade que “non se contempla ningún proxecto transformador para A Laracha”.

Outras propostas

Outra das propostas recollidas no documento de emendas é a de ampliar o horario das Bibliotecas Municipais coa contratación dunha nova auxiliar. Tamén, duplicar o investimento previsto para a reparación e mantemento dos centros de educación infantil e primaria. Para que estas partidas teñan encaixe no actual nivel de ingresos do Concello, os socialista propón unha redución do gasto en apartados como a publicidade ou as retribucións dos órganos de goberno.

Tags: Noticias de Laracharuralsociedad
⬅ Noticia Anterior

Licitación para novo contrato de mantemento das zonas verdes da Laracha

Siguiente Noticia ➡️

Resultados do V Aberto de Billarda en Paiosaco

Siguiente Noticia ➡️
V aberto de billarda en A Laracha

Resultados do V Aberto de Billarda en Paiosaco

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

El Diario de A Laracha

  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Redes y Canales

  • El Portal de la Infancia
  • Salud y Medicina Hoy
  • Videos de A Laracha en Youtube
  • El Diario de Arteixo
  • Videos de Arteixo en Youtube

Contacto

  • Contactar con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies. Si continúa navegando, está aceptándola.
Ir a la versión móvil