lunes, agosto 15, 2022
  • Sobre Nosotros
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
Sin Prensa
Toda la prensa
El Diario de A Laracha
Sin Prensa
Toda la prensa
Periódico A Laracha

Programa de Nadal do 17 de decembro ata o 8 de xaneiro

diariodelaracha ≫ diariodelaracha
diciembre 13, 2021
in A Laracha
0
programación do Nadal en A Laracha

O Concello da Laracha presenta a programación do Nadal 2021

0
COMPARTIDA
62
VISTA
Share on FacebookShare on Twitter

O Concello da Laracha presenta o programa que estará centrado en propostas culturais e de ocio especialmente dirixidas ao público infantil e familiar

O programa comenza esta semana co tradicional festival de teatro infantil que se desenvolve en horario lectivo. Vai dirixido ao alumnado dos colexios Otero Pedrayo da Laracha, Alfredo Brañas de Paiosaco e Caión. Os días 17, 20 e 21 de decembro todos os nenos de infantil e primaria asistirán á Casa da Cultura da Laracha para presenciar a obra «Os tres porquiños» de Educa Teatro.

Despois da fin de semana de Nadal principiarán os eventos dirixidos ao público en xeral que se realizarán nas vilas da Laracha, Paiosaco e Caión. En todos os casos o acceso será gratuíto ata completar o aforo máximo e requiríndose o emprego da máscara facial. As propostas son as seguintes:

  • 27 de decembro. Tarde de cine: Donkey Xote. Centro sociocultural de Paiosaco, 17:30 horas.
  • 28 de decembro. Teatro infantil: Valente e rebelde, de Trémola Teatro. Casa da Cultura da Laracha, 17:30 horas
  • 29 de decembro. Espectáculo infantil de sombras: Alén, da Asociación Teatral Paso de Valverde. Centro sociocultural de Paiosaco, 17:30 horas
  • 30 de decembro. Xogos populares: Os xogos do Paporrubio. Centro comunitario de Caión, 17:30 horas
  • 3 de xaneiro. Tarde de cine: Dumbo. Casa da Cultura da Laracha, 17:30 horas
  • 4 de xaneiro. Tarde de cine: Nocturna, unha aventura máxica. Centro comunitario de Caión, 17:30 horas
  • 8 de xaneiro. Autocine para adultos: Joker. Praza Olonne sur Mer da Laracha, 21:30 horas

Cabalgata dos Reis Magos

Os días 4 e 5 de xaneiro as súas maxestades os Reis Magos realizarán un percorrido nas súas carrozas polas rúas das trece parroquias do termo municipal. Debido á situación sanitaria actual, e do mesmo xeito que sucedeu o ano pasado, non poderá realizarse a habitual festa infantil que organizaba o Concello na véspera de Reis no pavillón do Instituto.

Concursos de Nadal

Cabe lembrar que o Concello inclúe no programa de Nadal catro concursos dirixidos a diferentes colectivos. O certame de panxoliñas “María Angeriz Tuset” presenta unha importante novidade nesta edición, xa que por primeira vez se realizará de xeito virtual a través das redes sociais. Vai dirixido ás asociacións culturais e coros parroquiais e grupos do municipio, que nesta ocasión deberán enviar un vídeo coa súa panxoliña. Todos eles serán subidos á páxina de Facebook do Concello da Laracha o 23 de decembro, e os usuarios desa rede social poderán votar polos seus favoritos ata o 3 de xaneiro. Polo feito de participar, cada entidade ten garantida unha gratificación económica de 200 euros. Ademais, os tres vídeos con máis “gústame” por parte dos internautas gañarán premios de 400, 300 e 200 euros.

O concurso de escaparates alcanza a súa 26ª edición. Convídase a participar a todos os establecementos e locais comerciais do termo municipal que dispoñan de escaparate exterior. Repartiranse un total de 1.800 euros en premios entre as dúas modalidades: a valoración do xurado e o concurso que se realizará en Facebook. Ata o 21 de decembro permanecerá aberta a inscrición. Os cinco mellor puntuados polo xurado obterán os premios de 500, 400, 300, 200 e 100 euros respectivamente. Ademais, o concurso de Facebook contará con tres premios de 150, 100 e 50 euros a repartir entre aqueles establecementos que obteñan máis “gústames” entre o 27 de decembro e o 3 de xaneiro.

Pola súa parte, os concursos de postais e de contos van dirixidos ao alumnado dos colexios Otero Pedrayo da Laracha, Alfredo Brañas de Paiosaco e CEIP de Caión. En ambos casos a valoración realizarase o xoves 16 de decembro a partir das 11:00 horas na biblioteca municipal da Laracha. Os premios consistirán en xogos e material educativo.

Tags: Concello de Larachalaracha noticiassociedad
⬅ Noticia Anterior

Gañadores do concurso "A Laracha no obxetivo"

Siguiente Noticia ➡️

Sétima xornada de billarda na Coruña

Siguiente Noticia ➡️
xornada billarda en A Coruña

Sétima xornada de billarda na Coruña

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

  • empleo y formación con Insertia.net
    Logotipo del portal de empleo y formación

El Diario de A Laracha

  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

Redes y Canales

  • El Portal de la Infancia
  • Salud y Medicina Hoy
  • Videos de A Laracha en Youtube
  • El Diario de Arteixo
  • Videos de Arteixo en Youtube

Contacto

  • Contactar con redacción
  • Envío de videos
  • Envío de fotos
  • Contratar publicidad
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL
  • Contacto

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Sin Prensa
Toda la prensa
  • En Portada
  • A Laracha
  • Parroquias
  • Sociedad
  • Entrevistas
  • EMPRESAS+
  • Salud
  • ACSIL

© El Diario de A Laracha | Avda. Fisterra 237 1º izq. - 15142 Arteixo, A Coruña | Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de Cookies © 2020 Created by Apeon

Login to your account below

Forgotten Password?

Fill the forms bellow to register

All fields are required. Log In

Retrieve your password

Please enter your username or email address to reset your password.

Log In
Esta web utiliza cookies, puede ver aquí la Política de Cookies. Si continúa navegando, está aceptándola.