O Concello aposta pola mellora das capacidades profesionais da Policía Local co propósito de aumentar a protección da veciñanza
Os seis efectivos da Policía Local da Laracha participaron en dous cursos formativos. Están dirixidos a mellorar os seus coñecementos e as condicións de seguridade nas que realizan o seu traballo. En consecuencia, aumentar a proteccións da veciñanza do termo municipal da Laracha.
Unha desas accións formativas centrouse no emprego do DESA (desfibrilador externo semiautomático). Trátase dun equipamento sanitario que diagnostica e trata unha parada cardiorrespiratoria. A Policía Local teno á súa disposición para, de ser o caso, poder dar unha resposta inmediata.
Os axentes, tamén foron formados como operadores de dispositivo electrónico Táser. Con iso amplian os seus coñecementos sobre o emprego, características técnicas, funcionamento e lexislación que ampara a utilización destas pistolas. Estas incapacitan temporalmente a unha persoa mediante descargas eléctricas.
Con as formacións específicas, o Concello reforza o seu compromiso coas capacidades de todos os seus efectivos. Iso redundará nunha maior calidade no desenvolvemento do seu labor profesional en beneficio do conxunto da cidadanía local.